Catro recoñecidos profesionais darán forma e contido á Semana da Educación 2020
A actividade desenvolverase entre os días 10 e 13 de febreiro no Auditorio de Goián. É necesario inscribirse para obter certificado de asistencia
O mediático chef valenciano Juan Llorca visitará Tomiño na V Semana da Educación
As outras figuras convidadas son tamén recoñecidos profesionais do mundo do ensino: Lola Mondéjar, Pepa Horno e Víctor Arufe
Infogauda / Tomiño
O chef valenciano Juan Llorca, con máis de 23 años de profesión e apaixonado pola nutrición e a alimentación infantil, será unha das catro figuras convidadas este ano para a xa tradicional Semana da Educación Concello de Tomiño, que chega á súa 5ª edición.
Moi coñecido polos seus vídeos de internet, con receitas para nenos e nenas, Llorca é o responsable do comedor da Montessori School, de Valencia, para o cal tivo que pechar o seu propio restaurante. É o creador do movemento en redes sociais #PorUnaEscuelaBienNutrida e @SOSFAMILIAS, contando cun equipo de traballo o seu lado composto por cociñeiros, fotógrafos, deseñadores, etc.
O título da conferencia que impartirá en Tomiño, o martes 11 de febreiro ás 19.00 horas é “A súa alimentación é a túa responsabilidade”, na que abordará o panorama da alimentación infantil no país, sinalando os erros que se cometen habitualmente e os principais problemas e solucións para unha alimentación máis correcta e saudable.
A psicanalista, escritora e docente Lola Mondéjar, articulista e colaboradora regular dos periódicos “La Opinión de Murcia”, “Infolibre”, “eldiario.es” e “Tribuna Feminista”.
Entre as súas obras publicadas atópanse as novelas “Mi amor desgraciado”, “La primera vez que no te quiero” e “Cada noche, cada noche”; os libros de relatos “El pensamiento mudo de los peces”, “Lazos de sangre” e “Qué mundo tan maravilloso”, e os ensaios “El factor Munchausen”, “Una espina en la carne” e “Si digo agua ¿beberé?”.
A conferencia que dará en Tomiño, o xoves 13 de febreiro ás 19 horas, pechando a semana, levará por título “Contracorrente. Educación e pensamento crítico”.
Pepa Horno será a terceira figura convidada a esta V Semana da Educación de Tomiño. Psicóloga e consultora en infancia, afectividade e protección infantil, durante máis de vinte anos coordinou campañas estatais e internacionais para a prevención e erradicación da violencia contra os nenos e nenas. “Educar sen medo” é o título da conferencia que a profesional dará en Goián o día luns 10 de febreiro, tamén ás 19.00 horas. Abordará a auto regulación e a integración emocional como claves do benestar dos nenos e nenas, e como ensinar a transitar as emocións dende o vínculo afectivo.
O cuarto e último experto convidado é Víctor Arufe, profesor da Facultade de Educación da Universidade de A Coruña e autor do blog “Educación, Innovación e Emprendemento” (http://www.victorarufe.com); creador da plataforma educativa EDUCA e galardoado co Premio Mellor Docente de España 2017, na categoría de universidade.
Autor de numerosas conferencias e artigos técnicos-científicos vencellados á educación publicou varios libros. O último foi “La Educación por Escenarios. Niños educados 24 horas al día, 365 días al año”, no que aposta polo cambio social dende o traballo da boa educación nos fogares. O título da súa conferencia será “Educar na Sociedade Actual. Claves para a boa educación de nenos e nenas”, dirixida a familias, profesorado e comunidade educativa. Abordarase de forma práctica, orixinal e novidosa a educación e explicarase en que consiste o método de educar por escenarios.
Para obter certificado de asistencia é necesario inscribirse con antelación, a través da páxina web municipal (https://tomino.gal/semana-da-educacion-2020/), sendo as prazas limitadas.
A concelleira de Educación, Cristina Martínez, convida a todas as familias a participar da V Semana da Educación, explicando que esta é unha actividade que xurdiu coa finalidade de servir de apoio na educación dos fillos e fillas, achegando información da man de expertos en diferentes temas que inflúen na delicada tarefa de educar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario