3 de xan. de 2020

OIA

Os Reis Magos percorrerán Oia 

Para visitar as nenas e nenos na tradicional cabalgata  
  
Os Reis Magos chegarán a Oia durante toda a xornada do domingo día 5 e percorrerán as distintas parroquias do municipio na tradicional cabalgata
Fotos: C.O.


Infogauda / Oia

 O executivo municipal do concello de Oia, que preside á alcaldesa Cristina Correa Pombal ven de comunicar a este xornal dixital transfronteirizo que os Reis Magos chegarán a Oia durante toda a xornada do domingo día 5 e percorrerán as distintas parroquias do municipio na tradicional cabalgata. As Súas Maxestades de Oriente irán facendo paradas no seu camiño para visitar ás nenas e nenos e constatar o ben que se teñen portado no último ano.  

 A comitiva real fará a súa ruta levando festa, ledicia e ilusión por cada recuncho do concello. O percorrido e horarios serán os seguintes:  

●    Pola mañá:  A Portela (11.00h), Mavia (11.30h), Acevedo (12.00h), Loureza (12.30h), Burgueira (13.00h), Torroña (13.30h).   

●    Pola tarde:  Viladesuso (15.00h),  Pedornes (15.30h), baixada ao Mosteiro de Oia coa Rondalla de Mougás (16.00h) e panxoliñas na Igrexa de Sta. María de Oia (16.15h).
   



 A recepción aos Reis Magos celebrarase no CEIP Mestre Manuel García (17.30h), onde tamén se fará a entrega de premios aos gañadores do concurso escolar de debuxo “Un Nadal feliz en Oia”.   

 Desde alí o percorrido continuará ata chegar á Casa Cultural de Mougás (19.15h), onde terá lugar o fin de festa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario