PREVISIÓN PARA O LUNS 13 DE XANEIRO DE 2020
NA DELEGACIÓN DA XUNTA EN MADRID/CASA DE GALICIA
Luns, 13
12:00 horas
A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acollerá a presentación/rolda de prensa da serie ‘Néboa’, o novo thriller da 1 de TVE que está ambientado no entroido galego.
“Néboa é unha illa situada nun lugar indeterminado da costa galega. Na primeira noite de entroido aparece o cadáver dunha adolescente en O Burato do Demo, unha cova rodeada de lendas. Nela xa apareceran cadáveres en 1919 e en 1989. Aqueles crimes nunca foron resoltos pero a crenza popular culpou ao “Urco”, un personaxe do entroido de Néboa, un home con cabeza de lobo que sae do mar rodeado de cadeas para levar aos vivos”.
“Quen está a cometer asasinatos desde hai máis de 100 anos en Néboa? Para dúas investigadoras da Garda Civil, Mónica e Carmela, comeza a conta atrás”.
Ao acto informativo está previsto que acudan: Emma Suárez, Isabel Naveira, Alba Galocha, Antonio Durán ‘Morris’, María Vázquez, Denisse Pena, Denís Gómez, Nacho Nugo, Xabier Deive e Nancho Novo, xunto ao director da serie, Gonzalo López-Gallego, así como responsables da produción de RTVE e Voz Audiovisual.
PARA ASISTIR É IMPRESCINDIBLE CONFIRMAR EN: prensa@rtve.es 91 581 54 20
Ningún comentario:
Publicar un comentario