PREVISIÓN DE ACTOS NA DELEGACIÓN DA XUNTA EN MADRID/CASA DE GALICIA
PARA A SEMANA DO LUNS 3 AO VENRES 7 DE FEBREIRO DE 2020
Martes, 4
19:30 horas
A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acollerá a inauguración da exposición de esculturas "AS MIÑAS RAÍCES", de Xosé Manuel Rodríguez (MOXOM), realizadas con troncos de madeira de procedencia diversa que grazas ao artista ourensán cobran vida e convértense en figuras cheas de encanto e personalidade propia e irrepetible. Moxom (que elexiu un nome palíndromo), observa atentamente cada anaco de madeira e descobre o personaxe que oculta e que el despois materializa e humaniza tamén cos seus pinceis.
A mostra "AS MIÑAS RAÍCES” poderá visitarse na Casa de Galicia ata o 28 de febreiro de 2020; en horario, de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Domingos e festivos: de 10 a 14 horas.
Mércores, 5
19:30 horas
Inauguración da exposición de pintura "PAISAXES DO CAMIÑO", de Mª José Rodríguez, quen volve a Madrid con obras cargadas de sensibilidade a flor de pel e miradas positivas e vitalistas. Nesta mostra a artista coruñesa deixa atrás o eclecticismo habitual e penétrase nun discurso reflexivo, nun relato de experiencias onde a pluralidade de culturas é unha constante. M.ª José Rodríguez é licenciada en Pedagoxía pero a súa paixón pola arte levárona a estudar e formarse en diferentes disciplinas e con diversos autores para dar renda solta á súa creatividade coñecendo as técnicas.
A mostra "PAISAXES DO CAMIÑO" poderá visitarse na Casa de Galicia ata o 28 de febreiro de 2020; en horario, de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Domingos e festivos: de 10 a 14 horas.
Xoves, 6
19.30 horas
Presentación da “LII FEIRA DO COCIDO DE LALÍN”, declarada recentemente (en Fitur 2020) “Fiesta de Interés Turístico Internacional”, primeira e ata o de agora única que conta en España con esta distinción e que celebrará na localidade pontevedresa o seu día grande o 16 de febreiro aínda que as actividades abarcan máis de medio ano (de novembro a abril). Entre as novidades desta 52 edición está a concentración moteira, “Motococido” os días 6, 7 e 8 de marzo. Na presentación darase a coñecer o amplo programa deste ano.
No acto intervirán a concelleira de Turismo do Concello de Lalín, Begoña Blanco así como o alcalde da vila, José Crespo.
Para acudir solicitan confirmar asistencia no correo prensa@lalin.gal
Ningún comentario:
Publicar un comentario