ATLETISMO
ÁLEX SIERPES PEREIRA TRIUNFA EN AMOREBIETA
Álex Sierpes Pereira, entrando victorioso na meta no 66 Cros Internacional de Zornotza (Amorebieta-Etxano) 2020
Informa (fotografías e redacción): Sociedade Atlética do Trega
O atleta Álex Sierpes Pereira, nado e residente na Guarda (Pontevedra), que forma parte da Sociedade Atlética do Trega (Tomiño), brillou e reinou no 66 Cros Internacional de Zornotza (Amorebieta-Etxano) 2020 na categoría Sub 13 - masculina.
A delegación da Sociedade Atlética do Trega, en Amorebieta, con dúas atletas da elite internacional, 2ª e 3ª clasificada absoluta femenina, e o 3º clasificado masculino absoluto
Esta pasada fin de semana, ata terras vascas e en concreto ao concello biscaíño de Amorebieta, desprazáronse varios atletas do noso club, a participar no famoso Cros de Amorebieta.
O circuíto, situado no Parque de Jauregibarria, na localidade de Amorabieta-Etxano, está considerado un dos mellores de Europa, e pola proba pasaron ao longo da súa historia un total de 49 atletas que foron campións olímpicos ou campións do Mundo absoluto, en diferentes especialidades do atletismo.
Esta proba tamén está incluída no circuíto de probas oficiais de Cros da European Athletics Association (Asociación Europea de Atletismo), así como en calendarios oficiais da Real Federación Española de Atletismo (RFEA), Euskadiko Atletismo Federazioa (Federación Vasca de Atletismo) e Bizkaiko Atletismo Federazioa (Federación Atlética Biscaíña).
O Cros Zornotza tamén forma parte da Asociación Nacional de Organizadores de Crosses (ANOC) que agrupan as principais probas que se celebran no territorio do Estado español.
Nunha xornada matinal, con 8º de temperatura quedou unha mañá fabulosa para a práctica do Cros, onde unha vez máis, a nosa nova promesa do club, Álex Sierpes Pereira, foi o máis destacado e o máis forte na categoría Sub 13, onde impuxo un forte ritmo de carreira desde o inicio da proba, que tan só, púidolle aguantar un atleta 300 metros aproximadamente. A partir de aí Álex xa dominou e encarou a cabeza de carreira en solitario, subindo e baixando tobogáns a toda máquina, discorrendo e coméndose os 1.550 metros, que tivo que facer na súa proba, entrando en meta só, facéndose cunha incontestable vitoria en Amorebieta, conseguindo un fabuloso tempo de 5´27" avantaxando ao 2º clasificado en 36", que entraría cun crono de 6´03" moi lonxe do noso atleta.
Tamén destacar que o seu irmán Chistian Sierpes Pereira escapóuselle o pódium na última rampla encarando a meta, facendo unha sensacional carreira, correndo de menos a máis, remontando desde posicións traseiras ata o 4º no último compás da carreira, na categoría Sub 16 e Sub 15 mixta, nun circuíto de 3.120 metros cun tempo de 11´29", entrando 2º do seu ano de nacemento.
Outra gran destacada e sorpresa, foi Paula Rocha Bautista, que asinou unha importante 5ª praza na categoría Sub 13, correndo unha distancia de 1.120 metros cun tempo de 4´03", entrando 1ª do seu ano de nacemento.
Concluíndo a actuación do club, estivo Lara Rodríguez Martínez, coa participación na categoría Sub 16 - Sub 15 feminina, quedando, na posición 45, percorrendo unha distancia de 1.550 metros cun rexistro de 7´14", pechando así a nosa fin de semana de expedición en terras vascas.
FELICIDADES RAPACES!
Ningún comentario:
Publicar un comentario