Unha nova avaría obriga a suspender temporalmente o servizo do Ferry-Boat entre A Guarda e Caminha, e viceversa
 É a segunda nunha semana 
Infogauda / A Pasaxe (Camposancos)
 O Concello de A Guarda ven de facer público que "dende a tarde deste mércores día 22 de xaneiro unha avaría obriga a cancelar as viaxes do Ferry Boat que comunica A Guarda e Caminha.  
 Segundo se comunicou dende a Câmara Municipal de Caminha, o motor de propulsión dianteiro do Ferry-Boat sufriu unha avaría que impide o seu correcto funcionamento, polo que a embarcación estará en mantemento ata que se solucione esta incidencia.   
 Para máis información, recoméndase chamar ao despacho de billetes (Teléfono: 986 611 526) no horario de atención ao público, de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 20:00 horas".

Ningún comentario:
Publicar un comentario