A unidade móbil de doazóns de sangue visitará en febreiro a vila
O venres 7 e sábado 8 de febreiro
Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro (a carón do Centro Cultural)
Foto: C.A.G.
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia visitará a vila guardesa o venres día 7 e sábado día 8 de febreiro.
Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro (a carón do Centro Cultural) o venres día 7, de 10:00 ás 14:00 e de 16:00 ás 21:00 horas e o sábado día 8, de 10:00 ás 15:00 horas.
O Centro de Transfusión de Galicia, grazas ao emprego destas unidades móbiles intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadás. Sen a implicación de todos é imposible acadas as 500 doazóns de sangue que se precisan cada día nos hospitais galegos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario