30 de xan. de 2020

A GUARDA

Concello e comerciantes guardeses avalían a campaña de Nadal  
 
A concelleira de Desenvolvemento Local, Fátima Rodríguez Marcos reuniuse cos comerciantes guardeses
Foto: C.A.G.

 Infogauda / A Guarda

 Na noitiña de onte mércores día 29 de xaneiro de 2020, na Casa dos Alonso, máis dunha vintena de comerciantes guardeses, xunto con representantes das asociacións de empresarios ACIGU e Mercaguarda, participaron nunha reunión convocada dende o Concellería de Desenvolvemento Local.  

 A concelleira de Desenvolvemento Local, Fátima Rodríguez Marcos, quixo comprobar de primeira man os resultados da pasada Campaña de Nadal 2019/20 de cara a avaliar os resultados e as repercusións sobre o tecido comercial da vila.  

 Foi unha reunión aberta con moita participación na cal se recabaron multitude de propostas e ideas para continuar na senda de dinamización do comercio da vila, cunha valoración xeral positiva, sempre con aspectos a mellorar, afirmaron desde o executivo municipal do Concello de A Guarda.  

 Tal e como indicou Fátima Rodríguez “a implicación e participación dos empresarios e comerciantes da vila é fundamental para concretar accións que repercutan directamente sobre os negocios da vila, e é por esta razón que se convoca novamente a unha reunión de seguimento o mércores día 12 de febreiro ás 20:45 horas na Casa dos Alonso, de cara a analizar os resultados das enquisas realizadas, propoñer unha estratexia a seguir, así coma as oportunidades existentes co Camiño de Santiago e o Ano Santo 2021.  

 Quedan convocados novamente deste xeito todos os empresarios e comerciantes da Guarda para á referida data.

Ningún comentario:

Publicar un comentario