13 de set. de 2019

O ROSAL

CURSO FORMATIVO: HUMOR COMO TERAPIA (RISOTERAPIA) 

Gratuíto e dirixido a persoas maiores de 65 anos


  
 Infogauda / O Rosal

 Durante o mes de outubro, a Cruz Vermella organiza un curso de humor como terapia dirixido a persoas maiores de 65 anos. O curso levarase a cabo os martes e xoves, de 10:30 a 12:00 horas, no Centro Social Polivalente.  

 O taller é gratuito, pero é necesario realizar unha inscrición previa no teléfono: 986 614 609.

DEPORTES

XIX CARREIRA PEDESTRE POPULAR JULIA VAQUERO SOUSA

Sábado 21 de setembro, a partir das 18:00 horas, na Gándara (A Guarda)



Infogauda / A Gándara (A Guarda)

  Organizada pola Asociación de Veciños O Percamino, de A Gándara, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, da Concellería de Deportes do Concello de A Guarda, do Centro San Xerome e de varias entidades comerciais; o vindeiro sábado día 21 de setembro de 2019, a partir das 18:00 horas, dará comezo a XIX Carreira Pedestre Popular Julia Vaquero Sousa.

  As carreiras están abertas a todos os participantes, tanto féminas como varons.

  As categorías e distancias a correr, están directamente relacionadas cos anos de nacemento dos atletas, sendo do seguinte xeito:

 Categoría  Ano de nacemento    Distancia
 A              2015 e posteriores     100 m.
 B              2011 a 2014               300 m.
 C              2007 a 2010               750 m.
 D              2001 a 2006            1.200 m.
 E              1993 a 2002            6.500 m.
 F              1979 a 1992            6.500 m.
 G              1964 a 1978            6.500 m.
 H              1963 e anteriores   6.500 m.

 As inscricións están abertas ata o luns día 16 de setembro no teléfono 609 117 835 ou no correo electrónico: carreirajvaquero@gmail.com

 E no mesmo día, de 16:30 a 17:30 horas, na mesa de secretaría da carreira.

 En todo caso as inscricións son gratuítas. 

 A organización informa que haberá duchas.

O ROSAL

#AVeciñanzaConta 

O GOBERNO MUNICIPAL DO CONCELLO DO ROSAL REÚNESE COAS TRAÍDAS DE AUGAS VECIÑAIS E DÁ COMEZO AO ESTUDO PARA UN PLAN DE APOIO ÁS MESMAS  

O goberno municipal do Concello do Rosal, presidido pola alcaldesa Ánxela Fernández Callís, mantivo unha reunión coas comunidades de augas de traídas veciñais
Foto: C.O.R.
 
Infogauda / O Rosal

 Dentro do programa #AVeciñanzaConta, o goberno municipal do Concello do Rosal, presidido pola alcaldesa Ánxela Fernández Callís, mantivo unha reunión coas comunidades de augas de traídas veciñais. 

 Na mesma, ademais da alcaldesa, participaron as concelleiras Sara Vicente, responsable da área de Medio Ambiente, a concelleira Sabela Rodríguez e o concelleiro Germán Fernández. A reunión permitiu ao goberno municipal ter un primeiro contacto con membros de todas as traídas veciñas e sentar as bases do inicio dun estudo para a elaboración dun Plan de Apoio ás Traídas de Augas Veciñais por parte do Concello. 

 “As comunidades de augas veciñais traballan e están involucradas na xestión dun ben tan esencial e necesario como é a auga. A auga é un elemento inherente á vida das persoas. Podemos prescindir de moitas cousas, mais nunca poderemos prescindir da auga. Contar con veciñanza implicada na xestión dun ben tan importante e vital  conleva non só a necesidade dun recoñecemento pola nosa parte senón tamén dunha colaboración estreita e constante que responda a criterios obxectivos na xestión e que teña unha perpectiva de mellora que traballe non só na solución dos problemas cotiás que xorden senón tamén na previsión do medio e longo prazo. 

 Por iso, realizaremos un estudo pormenorizado e detallado da situación de cada unha das Comunidades de augas co obxectivo de poder artellar e executar nun futuro próximo un Plan Anual de apoio ás Traídas de Augas Veciñais que responda a criterios obxectivos e que mellore progresivamente a realidade das mesmas. 

 Para iso, visitaremos e faremos unha análise da situación de todas e cada unha das traídas veciñais. 

 No noso Concello contamos cun grande capital humano tamén neste ámbito, con moitos veciños que levan anos implicados no mesmo. 

 Demos inicio a un proxecto para nós fundamental no que temos moitas ganas de traballar. 

 Por outro lado, con esta reunión tamén sentamos o xerme para a concreción do Consello Municipal das Augas, un órgano consultivo no que traballaremos man a man tamén no ámbito da auga”, afirma a alcaldesa. 

 Desde o Concello queren agradecer a boa disposición a colaborar e a traballar conxuntamente amosada por parte dos membros das comunidades de augas.

O ROSAL

#AVeciñanzaConta 

REUNIÓN DO GOBERNO MUNICIPAL DO ROSAL COAS COMUNIDADES DE MONTES  

A alcaldesa, Ánxela Fernández, a concelleira de Agricultura e Montes, Sara Vicente, a concelleira Sabela Rodríguez e o concelleiro Germán Fernández, mantiveron unha reunión con membros das directivas das Comunidades de Montes Veciñais en Mán Común das parroquias rosaleiras 
Foto: C.O.R.

Infogauda / O Rosal

 O goberno municipal do Rosal retoma o programa #AVeciñanzaConta cunha reunión con todas as Comunidades de Montes do municipio. 

 A alcaldesa, Ánxela Fernández, a concelleira de Agricultura e Montes, Sara Vicente, a concelleira Sabela Rodríguez e o concelleiro Germán Fernández, mantiveron unha reunión con membros das directivas das Comunidades de Montes Veciñais en Mán Común das parroquias de San Xoán de Tabagón, San Miguel de Tabagón, As Eiras e Santa Mariña do Rosal. 

 Na mesma, cumpriuse o obxectivo de manter un contacto inicial e comezar a traballar conxuntamente xa en diversas propostas específicas. 

 “Este é un inicio dos Consellos Municipais dos que falabamos nas nosas propostas e programa. Pouco a pouco irémolos creando e materializando. A finalidade é traballar conxuntamente. As Comunidades de Montes fan unha labor fundamental na posta en valor e na xestión dun ben tan esencial e importante coma é o noso monte, que ten non só unha incidencia ambiental, senón tamén social e económica no noso municipio. Hoxe xa concretamos pequenos retos, propostas, nas que traballar de xeito colaborativo. Cuestións concretas e factibles. Pouco a pouco irémolas desenvolvendo e realizando”, afirma a alcaldesa. 

 Desde o Concello do Rosal queren agradecerlle a todas as Comunidades de Montes a súa participación e a boa disposición amosada.

CULTURA

O teu Xacobeo' recibirá o outono con música e gastronomía a carón do Camiño  

O proxecto ‘Música e viño no teu Camiño’ celebrarase no mes de outubro en Redondela, A Guarda e Tui


Infogauda / Tui

  Co fin de descentralizar e de achegar os valores do Camiño de Santiago a toda Galicia, O teu Xacobeo organiza ao longo deste outono accións nas que os protagonistas serán a cultura, a gastronomía ou o deporte. Unha destas iniciativas é Música e viño no teu Camiño, coordinada e presentada hoxe pola Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural.  

 Trátase dunha acción que busca puntos de encontro entre as persoas que peregrinan polo Camiño de Santiago e a poboación local dun xeito diferente e orixinal: a través de tres eventos musicais que se desenvolverán nos concellos de A Guarda, Redondela e Tui. O público asistente poderá degustar viños con Denominación de Orixe Rías Baixas, da subzona do Rosal, e gozar da gastronomía local a prezos populares. Os eventos celebraranse o vindeiro 4 de outubro, en Redondela; o 12 de outubro, en A Guarda, e o 19 de outubro en Tui.  

 O proxecto busca tamén a implicación da cidadanía en toda a iniciativa. Por este motivo, abriuse unha fase de votación popular na que foron as persoas do territorio no que se desenvolve a acción, as encargadas de escoller o logo distintivo do proxecto. 

Máis música  

 Neste outono, O teu Xacobeo ten programadas outras citas musicais con concertos vinculados ao Camiño, como os coordinados pola Fundación Vicente Risco en torno á gaita como instrumento de música de cámara e que terán unha próxima cita hoxe en Lugo, na igrexa de Santa María, e xa a finais de mes, o 27, en Celenova e o 28 en Allariz.  

 Tamén terá lugar en próximas datas o Festival Vertixe Sonora que arrancará cos concertos En Ruta, creacións musicais contemporáneas no Camiño Portugués, o vindeiro 29 de setembro, en Tui; e a Banda de Música de o Barco, xunto o contador de historias Eladio Santos Martínez, co Sons da Banda no Camiño do Inverno, que estará en Vilamartín de Valdeorras, o vindeiro 28 de setembro. Tamén se está a desenvolver Camiño de cantares, coordinado pola Asociación Ciclo de Música Barcia de Mera, con concertos de músicas relixiosas en Portomarín o 14 de setembro, en Fisterra o 15, en Negreira o 11 de outubro e no Saviñao, o 13 de outubro.

TOMIÑO

O Concello de Tomiño lanza as campañas “Se bebes, non arrisques” e “De troula, con-sentido” para unhas festas máis seguras e respectuosas 

Realizaranse controis de alcoholemia voluntarios e aleatorios, e da venda de alcohol a menores  Policía Local e Garda Civil vixiarán tamén posibles agresións e abusos que puideran producirse durante as verbenas

 Participantes na presentación das campañas
Foto: C.T.

Infogauda / Tomiño

 A Concellería de Seguridade, Tráfico e Persoal, que dirixe Ismael Torrón, presentou onte no Concello de Tomiño, a campaña “Se bebes, non arrisques, fai a proba”, que se levará a cabo estes días de festa no Recinto do Alivio.  

 Paralelamente, a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Educación, Cristina Martínez, presentou a campaña “De troula con-sentido”, que procura conseguir unhas festas libres de violencia sexista. Ambos representantes do goberno local fixeron estas presentacións no transcurso dunha reunión celebrada este mediodía no Concello e na que participaron ademais representantes da Policía Local, Garda Civil, Protección Civil e Comisión de Festas Virxe do Alivio.  

 Varias patrullas da Policía Local de Tomiño, realizarán controis voluntarios de alcoholemia durante as noites, xunto á capela do Alivio. Así o explicou o xefe da Policía Local, José Ramón Álvarez. Os controis poderán ser voluntarios, é dicir, a solicitude dos propios condutores que desexen coñecer a súa taxa de alcohol en sangre antes de coller o vehículo, pero tamén se realizarán de forma aleatoria, como o establece a lei neste tipo de eventos. O dispositivo de seguridade contará coa colaboración de membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tomiño e axentes do posto da Garda Civil.  

 O Concello de Tomiño recomenda non excederse no consumo de alcohol ás persoas que asistan ás festas patronais, lembrando a prohibición da venda a menores. Asemade, avoga por unhas festas máis respectuosas e en igualdade, nas que non se produzan nin toleren agresións sexistas nin calquera outro tipo de violencia.

OIA

O Concello de Oia adxudica a redacción do PXOM  

A alcaldesa e demáis membros da Corporación Municipal do Concello de Oia, nunha recente sesión plenaria
Foto: C.O.


Infogauda / Oia

 O Concello de Oia adxudicou de forma provisional o contrato administrativo de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) á UTE Urben Consultores SL-Indultec Ingenieros, S.L.U., por un importe de 114.783,77 euros.  

 O adxudicatario terá que acreditar no prazo de dez días hábiles a documentación xustificativa das circunstancias da personalidade, capacidade, solvencia, experiencia do técnico redactor e titulacións do persoal técnico.  

 O acordo adoptouse en recente sesión plenaria do Pleno da Corporación Municipal do Concello de Oia, cos votos a favor dos concelleiros do Partido Popular e coa abstención dos concelleiros dos grupos do PSOE e BNG.  

 O equipo de goberno municipal, presidido pola alcaldesa Cristina Correa Pombal, conta con que, antes de final de ano, o adxudicatario presente un plan de traballo cos prazos estimados de cada unha das fases de redacción do PXOM ata a súa aprobación definitiva. O contrato terá unha duración de 5 anos, que inclúe os prazos estimados cos que contan as distintas administracións para emitir os informes correspondentes.   

Modificación puntual das Normas Subsidiarias

 Mentres o PXOM vai cumprimentando os seus trámites, o executivo municipal vai avanzando na tramitación da modificación puntual de diversos aspectos normativos das Normas Subsidiarias de planeamento do concello.  

 Esta modificación puntual inclúe como proposta adaptar as normas á lexislación vixente en materia de alturas libres mínimas de locais comerciais e oficinas, co fin de facilitar a implantación deste uso en numerosos locais existentes no municipio que non cumpran este requisito. Tamén se incorpora unha nova redacción á hora de regular situacións fóra de ordenación, establecendo un réxime menos restritivo aplicable ás edificacións que se atopen en tal situación. 

 Así, despois da publicación no DOG do informe ambiental estratéxico da modificación puntual, o Concello encóntrase agora elaborando a documentación para a aprobación provisional, previo informe dos servizos técnicos e xurídicos municipais.

CAMINHA

“Experiências Blueways” animam fim de semana em Caminha

Paddle, kayake e bicicleta são as propostas  

Sábado e domingo, dias 14 e 15 de setembro, Caminha oferece “experiências BlueWays”
Foto: C.M.C.
 Infogauda / Caminha

 Sábado e domingo, dias 14 e 15 de setembro, Caminha oferece “experiências BlueWays”, ou seja, a possibilidade da fazer Paddle, Kayake ou de pedalar entre Caminha e Vila Praia de Âncora. A participação é gratuita, mas é necessária inscrição, que deverá ser feita através do contacto 962023674, uma vez que o número de lugares é limitado. 

 Assim, nos dias 14 e 15, a descida do rio Coura em kayak deverá ter início pelas 10h00, enquanto a experiência em SUP (Paddle) decorrerá a partir das 15h00. Mais informações através do número de telefone acima referido. 

 O Blueways é um projeto é liderado pela Comunidade Intermunicipal do Alto Minho (CIM Alto Minho), e tem como objetivo geral o “desenvolvimento e promoção sustentável de uma rede de percursos azuis inseridos em espaços de conservação da natureza presentes no Alto Minho, visando dar sequência a uma aposta clara e objetiva dos atores públicos, privados e associativos do Alto Minho, no sentido de desenvolver um conjunto de ações de valorização e promoção das atividades de turismo náutico sustentável, associando ou complementando, de forma sustentável, integrada e coerente, atividades de rio, com atividades de mar e natureza”.

CAMINHA

Autarcas dos concelhos ribeirinhos do Rio Minho reafirmam compromisso de valorizar o troço internacional

Assinadas atas anuais de Reconhecimento de Fronteira  


Miguel Alves assinou duas atas de vistoria de fronteira, com os alcaides de A Guarda e do Rosal, respetivamente Antonio Lomba Baz e Ánxela Fernández Callís
Foto: C.M.C.

Infogauda / Caminha

 Os representantes das câmaras municipais dos concelhos ribeirinhos do Minho assinaram as atas anuais de Reconhecimento de Fronteira, em pleno Rio Minho, a bordo da embarcação N.R.P Rio Minho. O objetivo é valorizar o Rio Minho como um todo, assumindo os autarcas o compromisso de trabalhar nesse sentido e em comum. O presidente da Câmara de Caminha, Miguel Alves assinou duas atas de vistoria de fronteira, com os alcaides de A Guarda e do Rosal, respetivamente Antonio Lomba Baz e Ánxela Fernández Callís. 

 Com esta iniciativa pretende-se partilhar e fomentar o intercâmbio de ideias e iniciativas entre os vários intervenientes, com o propósito de preservar, impulsionar e valorizar este Troço Internacional. 

 Na cerimónia participaram os representantes dos vários municípios portugueses: além de Caminha, Vila Nova de Cerveira, Valença, Monção e Melgaço. Da parte galega estiveram, como referimos, os alcaides dos concelhos de A Guarda e do Rosal, mas também os autarcas representantes de Tomiño, Tui, Salvaterra do Miño, As Neves e Arbo.

 A cerimónia contou ainda com as presenças do comandante da Capitania de Caminha, Pedro Costa; comandante da Capitania de Tui, Juan Diaz; presidente da delegação Portuguesa da Comissão Internacional de Limites, embaixador Mário Godinho de Matos; diretor geral da Autoridade Marítima e comandante geral da Polícia Marítima, vice-almirante Luís de Sousa Pereira; comandante das Unidades da Forza de Acción Marítima en Ferrol e comandante naval de Ferrol e A Coruña, Fernando José Suárez Fonseca. 

 A assinatura destes documentos, que tem caráter anual e que acontece pela quarta vez, está prevista nos termos do artigo XXV do Tratado de Limites entre Portugal e Espanha, assinado a 29 de setembro de 1864 e nos termos do artigo VIII do seu anexo I, assinado a 4 de novembro de 1866, tem por objetivo ratificar o reconhecimento efetuado de alguns pontos da fronteira, pelos respetivos delegados municipais, com o apoio das Autarquias situadas nas margens do TIRM.

DEPORTES

Deportistas olímpicos axudarán a concienciar na loita contra a violencia de xénero grazas aos contratos de patrocinio coa Xunta  

O Goberno galego asinará 25 contratos nunha primeira fase con deportistas clasificados ou en fase de clasificación para os Xogos de Tokio 2020

Os participantes deberán difundir nas súas redes sociais mensaxes relacionadas coa igualdade entre e homes e mulleres e contra a violencia de xénero  

A iniciativa enmárcase no convenio de colaboración incluído no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero en materia de deportes dotado con 1,5 millóns de euros



O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, acompañado polo secretario xeral para o deporte, José Ramón Lete Lasa, e a secretaria xeral para a Igualdade, Susana López Abella, presentaron hoxe os contratos cos deportistas olímpicos galegos clasificados ou en fase de clasificación para os Xogos de Tokio 2020
Foto: X. G.


Infogauda / Pontevedra

 O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, acompañado polo secretario xeral para o deporte, José Ramón Lete Lasa, e a secretaria xeral para a Igualdade, Susana López Abella, presentaron hoxe os contratos cos deportistas olímpicos galegos clasificados ou en fase de clasificación para os Xogos de Tokio 2020 co obxectivo de que axuden a concienciar na loita contra a violencia de xénero.  

 Nunha primeira fase asinarán estes contratos 25 deportistas, entre os que tamén se inclúen participantes nas edicións anteriores dos Xogos Olímpicos e Paralímpicos. Cada contrato, en vigor ata o 31 de decembro de 2019, conta cun importe de 5.000 euros. Os deportistas deberán incorporar nos seus equipamentos oficiais de competición e de adestramento os logotipos da Secretaría Xeral de Igualdade e da Secretaría Xeral para o Deporte-Fundación Deporte Galego. Ademais, terán que difundir a través das súas redes sociais, alomenos unha publicación mensual relacionada coa loita pola tolerancia, a igualdade entre mulleres e homes e contra a violencia de xénero no deporte e na vida.  

 Ao acto de hoxe asistiron o triatleta Javier Gómez Noya, o piragüista Cristian Toro, a nadadora María Vilas, a judoka María Bernabeu e os regatistas Tamara Echegoyen e Nicolás Rodríguez. O vicepresidente da Xunta calificounos como os mellores embaixadores en Tokio de Galicia, do deporte e da igualdade. Nesta liña, Alfonso Rueda destacou que todos son referentes na transmisión dos valores do deporte e desde agora tamén na difusión de que non pode haber discriminación por razón de sexo e da necesidade de erradicar a violencia de xénero.  

 Estes contratos intégranse no convenio de colaboración no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero en materia de deportes dotado con 1,5 millóns de euros. A iniciativa inclúe medidas como campañas en espazos deportivos e difusión das mesmas a través dos clubs galegos de alta competicións, a dotación de equipamento da campaña NON contra a violencia de xénero para o colectivo arbitral ou para o programa Xogade, unha campaña con deportistas en centros educativos. Desta liña de colaboración tamén forma parte o convenio con deportistas olímpicos que desde hoxe serán socios e aliados da Xunta na loita contra esta lacra.  

 A colaboración en materia de deportes forma parte dunha serie de acordos ratificados entre os distintos departamentos da Xunta para impulsar medidas de carácter transversal ao abeiro do Pacto de Estado, que conta cun orzamento global de preto de 16 millóns de euros para este ano en Galicia.

DEPORTES

A Deputación de Pontevedra abre este luns a inscrición para as "DEPOrte Escolas" que estarán este curso en 51 concellos da provincia  

Carmela Silva subliñou que "o programa da Deputación garante o acceso ao deporte e, polo tanto, que todas as nenas e nenos da provincia teñan os mesmos dereitos vivan onde vivan"

Carmela Silva Rego, presidenta da Deputación de Pontevedra
Foto: D. PO.


Infogauda / Pontevedra

 A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva Rego, anunciou que o vindeiro luns 16 de setembro abrirase o prazo para inscribirse nas "DEPOrte Escolas" 2019/2020, "o programa deportivo gratuíto da institución, do que o ano pasado gozaron máis de 10.000 nenas e nenos, e que permite que este curso haxa escolas deportivas en ata 51 concellos da provincia, en moitos casos, as únicas que hai nos concellos".  

 "DEPOrte Escolas" é o programa deportivo da Deputación de Pontevedra en colaboración e coordinación coas federacións deportivas para contribuír ao desenvolvemento e fomento da actividade deportiva de nenas e nenos en idade escolar.  

 Silva subliñou que "grazas a este proxecto as nenas e nenos da provincia, vivan onde vivan, poden ter os mesmos dereitos" e engadiu que "o deporte é unha actividade que se está a converter nun servizo fundamental e nun dereito, e nós temos moi claro que a nosa aposta polas ‘DEPOrte Escolas' é unha aposta por garantir a igualdade de oportunidades para todas as nenas e nenos da provincia e por que haxa servizos que satisfagan as demandas da cidadanía en todo o territorio".  

 Para este curso 2019/2020 os deportes que a Deputación ofertará de maneira totalmente gratuíta son atletismo, baloncesto, balonmán, fútbol, judo, loita, patinaxe, piragüismo, rugby e taekwondo. A actividade arrancará o 7 de outubro.  A solicitude de inscrición deberá realizarse preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal).  

 Para rematar, Carmela Silva puntualizou que "desde que chegamos ao Goberno as escolas deportivas teñen un principio básico que é a equidade. Todo regúlase con bases e criterios obxectivos. Non hai escolas deportivas que teñan máis apoio en función do concello onde estean; é dicir, damos un trato igualitario a toda a provincia".

PONTEVEDRA

MARÍA ORTEGA PROPÓN A LOITA CONTRA A IMPUNIDADE E A REIVINDICACIÓN DAS IDEAS COMO EIXOS DA PROGRAMACIÓN DE MEMORIA HISTÓRICA DA DEPUTACIÓN  

A deputada nacionalista instou ás entidades memorialísticas da provincia tecer unha rede de colaboración para desenvolver un proxecto plurianual
  
A deputada María Ortega cos representantes de vinte entidades de memoria no encontro mantido onte como primeira toma de contacto
Foto: D. PO.

Infogauda / Pontevedra

 A loita contra a impunidade e a reivindicación das ideas vixentes antes do golpe de estado do 36 serán os eixos da programación e das actividades que a área de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra desenvolverá no vindeiro mandato. Así llo trasladou a deputada María Ortega ós representantes de vinte entidades de memoria no encontro mantido onte como primeira toma de contacto.   

 A responsable nacionalista sinalou a importancia de tercer unha rede de coñecemento e colaboración na que os colectivos e a administración provincial manteñan unha realimentación constante que permita desenvolver un proxecto plurianual con actividades propias de difusión, divulgación e homenaxe, tendo en conta o trinomio ‘memoria, xustiza e reparación’.  

 Ortega destacou a importancia de dar pulo non só á investigación e difusión das vítimas dente a parte humana e do drama persoal, senón tamén a sacar peito dun modelo de sociedade e de país que quedou truncado co alzamento fascista. “Hai que sacar peito desa sociedade que querían crear. Co golpe mataron un modelo adiantado de país e hai que reivindicar esas ideas tanto dende unha perspectiva de xénero como de clase, porque son o xerme do que somos hoxe e vislumbran o que poderiamos ter sido”, dixo Ortega.   

 A deputada responsable de Memoria tamén destacou o compromiso da Deputación contra a loita contra a impunidade e adiantou que nese sentido centraranse –entre outros- os actos institucionais vencellados ao vindeiro 12 de novembro.  

 Pola súa banda, representantes dos colectivos de memoria histórica celebraron a iniciativa da reunión e subliñaron a importancia de traballar dirixíndose á xente moza por medio dos currículos escolares, algo que a propia deputada considerou fundamental e asegurou ter previsto tratar no seu plan de actividades.   

 No encontro, no que se puxeron de manifesto as dificultades que atopan os colectivos de memoria para o desenvolvemento das súas actividades e as súas necesidades, participaron as seguintes entidades do movemento memorialístico na provincia: A. C. Vagalume (A Estrada); Alén-Nós (Redondela); Amigos de Johan Carballeira (Bueu); Arbo Memoria Histórica; A Regaduxa (Memoria Histórica de Vilaboa); ARMH 28 de agosto (Cangas); ARMH de Marín; Asamblea Republicana de Vigo; Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36; Ateneo de Moaña; Capitán Gosende (Cerdedo-Cotobade); Fundación Alexandre Bóveda; Iniciativa Cidadá pola Memoria (Vilagarcía); Instituto de Estudos Miñoráns (Gondomar); Memoria de Mos; Memoria de Valga; Sempre con vós; Sinhor Afranio (Lalín); CeAqua e IGM.

MADRID

DELEGACIÓN DA XUNTA EN MADRID/CASA DE GALICIA 
  
PREVISIÓN PARA O XOVES 19 DE SETEMBRO DE 2019


Xoves, 19 
19:30 horas

 Inauguración da exposición de pintura O NOSO CAMIÑO, de Pilar Quintás e Esperanza Martínez de Salinas, dous artistas que cultivan unha amizade pictórica e traen ás nosas salas a luz e o cromatismo das paisaxes de Galicia. Tamén nos abren unha xanela a outro estilo menos coñecido nas súas traxectorias, a “como somos cando quedamos na abstracción, o concepto, a pura cor”. 

 A exposición ocupará as tres salas da Casa (A, B e L), onde permanecerá ata o próximo 30 de outubro. Aberta ao público en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas e de 10 a 14 os festivos.

CAMINHA

CINEMA 

Este mês as sessões são no Auditório do Museu Municipal de Caminha

Boletim da Sessão nº 411 

"Ontem, Hoje e Amanhã" de Vittorio De Sica (1963)

Sexta-feira, 13 de Setembro às 21:45 no Auditório do Museu Municipal de Caminha


Locus Cinemae / Caminha

“Durante os anos 60, intensificou-se a prática de produzir filmes em episódios. Sobretudo na Europa, nomeadamente em França e Itália. Depois a prática difundiu-se para outras latitudes.  

 Nessa década, sobretudo no campo da comédia, surgiram muitas obras compostas por vários sketches, histórias independentes umas das outras, muitas vezes permitindo reunir diversos cineastas (…), outras vezes jogando com a multiplicação de personagens criadas pelos mesmos actores. Caso deste “Ontem, Hoje, Amanhã”, uma realização de Vittorio De Sica que, com base no trabalho de Sophia Loren e Marcello Mastroianni, agrupa três pequenas histórias onde os dois excelentes actores vivem apontamentos passados respectivamente em Nápoles, Milão e Roma, com resultados desiguais é certo, mas todos eles com alguma graça, um vislumbre de crítica social, e um esboço de quadro humano de uma época que se afastava já da Itália miserável e destruída do pós-guerra. Na verdade, a península transalpina, bem como quase toda a Europa Ocidental, vivia sob o que se chamaria então o “milagre económico”, por impulso do plano Marshall.  Todos os episódios de “Ontem, Hoje, Amanhã” partem de histórias com assinaturas prestigiadas. “Adelina”, o primeiro, que julgamos o mais interessante, melhor desenvolvido e onde os dois actores se afirmam plenamente, baseia-se numa ideia do dramaturgo Eduardo De Filippo, com adaptação de Isabella Quarantotti; o segundo, “Anna”, tem na base uma novela de Alberto Moravia, “Troppo Ricca“, que foi desenvolvida para cinema pelo próprio, com colaboração de Cesare Zavattini, Bella Billa e Lorenza Zanuso; finalmente, o terceiro, ficou a cargo de Cesare Zavattini. São três “anedotas” do quotidiano em três ambientes sociais diversos que se caracterizam um pouco em função do seu enquadramento geográfico(…)".

FONTE: http://omelhordocinemaitalianoluisatodi.blogspot.com/2014/10/ontem-hoje-e-amanha.html 
FICHA TÉCNICA: 
Título original: “Ieri, oggi, domani”, Itália, 1963
Realização: Vittorio De Sica
Produção: Carlo Ponti
Argumento: Eduardo De Filippo (Adelina)
Isabella Quarantotti (Adelina)
Cesare Zavattini (Anna)
Bella Billa (Anna)
Lorenza Zanuso (Anna)
Cesare Zavattini (Mara)
Música: Armando Travajoli
Fotografia: Giuseppe Rotunno
Guarda-roupa: Piero Tosi
Montagem: Adriana Novelli

FICHA ARTÍSTICA: 
Sophia Loren …. Adelina Sbaratti / Anna Molteni / Mara
Marcello Mastroianni …. Carmine Sbaratti / Renzo / Augusto Rusconi 
Segmento Adelina 
Aldo Giuffrè … Pasquale Nardella
Agostino Salvietti … Dr. Verace
Lino Mattera … Amedeo Scapece
Tecla Scarano … irmã de Verace
Silvia Monelli … Elivira Nardella 
Segmento Anna 
Armando Trovajoli … Giorgio Ferrario 
Segmento Mara 
Tina Pica … avó Ferrario
Gianni Ridolfi … Umberto
https://www.youtube.com/watch?v=ZetevejWeWA
Programação   
Ciclo 2 Realizadores, 4 Filmes        
20 de setembro, “Sombras”, John Cassavetes, EUA, 1958, Sessão 412 (M/12)     
27 de setembro, “A Morte de Um Apostador Chinês”, John Cassavetes, EUA, 1976, Sessão 413 (M/16  
Ciclo Cinema e Saúde Mental        
04 de outubro, “Bebés”,  Thomas Balmès, França, 2010, Sessão 414 (M/6)     
11 de outubro, “Mysterious Skin”, Gregg Araki, EUA, 2004, Sessão 415 (M/18)     
18 de outubro, “O Despertar da Mente”, Michel Gondry, EUA, 2004, Sessão 416 (M/16)     
25 de outubro, “Amor”, Michael Haneke, Áustria/França/Alemanha, 2012, Sessão 417 (M/16)