#AVeciñanzaConta
REUNIÓN DO GOBERNO MUNICIPAL DO ROSAL COAS COMUNIDADES DE MONTES
A alcaldesa, Ánxela Fernández, a concelleira de Agricultura e Montes, Sara Vicente, a concelleira Sabela Rodríguez e o concelleiro Germán Fernández, mantiveron unha reunión con membros das directivas das Comunidades de Montes Veciñais en Mán Común das parroquias rosaleiras
Foto: C.O.R.
Infogauda / O Rosal
O goberno municipal do Rosal retoma o programa #AVeciñanzaConta cunha reunión con todas as Comunidades de Montes do municipio.
A alcaldesa, Ánxela Fernández, a concelleira de Agricultura e Montes, Sara Vicente, a concelleira Sabela Rodríguez e o concelleiro Germán Fernández, mantiveron unha reunión con membros das directivas das Comunidades de Montes Veciñais en Mán Común das parroquias de San Xoán de Tabagón, San Miguel de Tabagón, As Eiras e Santa Mariña do Rosal.
Na mesma, cumpriuse o obxectivo de manter un contacto inicial e comezar a traballar conxuntamente xa en diversas propostas específicas.
“Este é un inicio dos Consellos Municipais dos que falabamos nas nosas propostas e programa. Pouco a pouco irémolos creando e materializando. A finalidade é traballar conxuntamente. As Comunidades de Montes fan unha labor fundamental na posta en valor e na xestión dun ben tan esencial e importante coma é o noso monte, que ten non só unha incidencia ambiental, senón tamén social e económica no noso municipio. Hoxe xa concretamos pequenos retos, propostas, nas que traballar de xeito colaborativo. Cuestións concretas e factibles. Pouco a pouco irémolas desenvolvendo e realizando”, afirma a alcaldesa.
Desde o Concello do Rosal queren agradecerlle a todas as Comunidades de Montes a súa participación e a boa disposición amosada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario