16 de maio de 2019

A GUARDA

Unha nova e saborosa edición de Tapearte   

Comeza esta fin de semana na Guarda

 Infogauda / A Guarda

 Este xoves presentouse a ruta gastronómica Tapearte 2019, o evento culinario da primavera como complemento a unha ampla e variada programación cultural como a Festa das Letras e o Día Internacional dos Museos.  
  
O alcalde e a concelleira de Turismo coa maioría dos representantes dos establecementos participantes e o da entidade colaboradora

 No acto de presentación estiveron presentes o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, a concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes Álvarez, así coma unha representación dos establecementos participantes e un representante de Distribuciones Disramo, entidade colaboradora nesta ruta. 

 Un total de 16 bares e restaurantes da vila ofertarán tapas os venres, sábados e domingos en horario de 12:00 a 14:00 horas e de 19:00 a 22:00 horas, a un prezo simbólico de 2€ a tapa.  

 A ruta estará en funcionamento ata o vindeiro 2 de xuño, con premios directos e sorteo de agasallos para os participantes.  

 Ao igual que en anteriores edicións os participantes poderán valorar as tapas cos pasaportes dispoñibles en cada local, con puntuacións de 1 a 6 puntos, que permitirán, ao remate da ruta, establecer o gañador do Concurso da Mellor Tapa 2019. Tamén se premiará ao establecemento que sirva o maior número de tapas.  

 Como nas edicións precedentes os participantes da ruta optarán a varios premios. Haberá un premio directo para aqueles que entreguen o seu pasaporte con mínimo de 13 selos. Neste caso o agasallo é un lote de dúas botellas do Forte de San Lourenzo, de licor café e crema de oruxo. Ademais haberá un sorteo dun móbil Samsung A40 para aqueles pasaporte cun mínimo de 6 sellos que sexan depositados nas furnas de cada local e tamén na Oficina de Turismo.  

 Nesta edición participan o Art Café coa tapa «Xorzart», o Bitadorna coa tapa «Crunch negro con mix mar, vexetais en texturas e xeado», o Camping Santa Tecla coa tapa «Tournedo Rossini», o Celtic coa tapa «Chocos con arroz na súa tinta», a Pizzería Di Marco coa tapa «Carpaccio de polbo á feira», a Tapería El Paseo coa tapa «O Paseo», El Perro Verde coa tapa «Arepa rechea», o Enxebre coa tapa «Pelotiñas enxebre», O Gaviota coa tapa «Bacalao ao pisto de morena», La Botica coa tapa «Sabores afumados», La Casilla coa tapa «Delicia Galega», Marbella coa tapa «Empanada da horta», Novo Funil coa tapa «Cazola de Xabarín», o Xantar coa tapa «Crunk», o Xeito coa tapa «Espetada mariñeira» e Y la Luna? coa tapa «Impórtame un pemento».

OIA

Veciñas e veciños de Oia protagonizarán unha visita dramatizada ao Arrabal 

· O espectáculo terá lugar o vindeiro 2 de xuño, ás 19:00 horas  

· As persoas participantes no obradoiro de teatro veciñal elaboran e interpretan varias pezas baixo o título “6x6 Punto de encontro O Arrabal: historias non escritas”   



Grupo de veciñas e veciños participantes no obradoiro de teatro veciñal que organiza o Concello de Oia 
Foto: C.O.

Infogauda / Oia

 O grupo de veciñas e veciños participantes no obradoiro de teatro veciñal que organiza o Concello de Oia estrearán as súas creacións o domingo 2 de xuño, cunha visita dramatizada ao barrio do Arrabal. O espectáculo comezará ás 19:00 horas.  

 Froito dun proceso de recompilación de historias locais, tradicións populares e outros elementos patrimoniais de Oia, as persoas participantes no obradoiro elaboraron media ducia de pezas teatrais, asesoradas e dirixidas pola Artística Teatro e Danza. O día 2 de xuño a propia veciñanza interpretará estas historias onde a realidade se mestura coa ficción para dar a coñecer, de xeito innovador, o patrimonio material e inmaterial de Oia.  

 Lugares como a Eira do Convento, a fonte de San Cosme e San Damián e a Praza da Centinela serán algunhas das paradas deste itinerario onde teatro, danza e música irán da man co obxectivo de visibilizar o patrimonio local. Todos estes lugares emblemáticos converteranse en escenarios de excepción dentro deste proxecto, o cal se desenvolve baixo o título “6x6 Punto de encontro O Arrabal: historias non escritas”.  

 Por outra banda, co gallo da representación teatral, o casco vello contará cunha ambientación moi especial grazas aos elementos decorativos elaborados polo alumnado dos colexios de Oia, os cales tamén se quixeron implicar no proxecto.  

Programación cultural complementaria  

 Ademais da visita dramatizada, que se desenvolverá entre as 19:00 e as 21:00 horas, ao longo da xornada do 2 de xuño no Arrabal haberá diversas actividades culturais complementarias, al cales se detallarán nos próximos días.   

 Para o desenvolvemento destas actividades o Concello ten solicitado financiamento á Xunta a través da Axencia de Turismo de Galicia, dentro do programa do Xacobeo 2021.  

Segunda edición do obradoiro de teatro veciñal  

 A deste ano é a segunda edición do obradoiro de teatro veciñal, desenvolvido entre os meses de febreiro e maio deste ano trala boa acollida da primeira convocatoria do proxecto, celebrada en 2018. Algúns dos resultados obtidos no primeiro ano foron: unha trintena de persoas inscritas no obradoiro, alta calidade interpretativa dos participantes e unha grande afluencia de público o día da representación (estímase que unhas 200 persoas).  

 En canto aos obxectivos relacionados co patrimonio, a iniciativa revelouse como unha boa ferramenta á hora de revalorizar o patrimonio local, aumentar a conciencia veciñal arredor del e dinamizar o turismo baseado nos valores culturais locais. Nesta segunda edición, a estes obxectivos súmase a aposta concreta pola dinamización do valor patrimonial do Arrabal como parte do Camiño Portugués da Costa.

A GUARDA

CICLOTURISMO

O CLUB CICLISTA GUARDÉS ORGANIZA DÚAS SAÍDAS DE CICLOTURISMO

Os días 17 e 19 de maio, ás 9:00 h., desde á Alameda


A GUARDA

Celebración do Día  das Letras Galegas 

Toda unha fin de semana con moitas actividades na Guarda    


 Infogauda / A Guarda

 Nesta fin de semana  conflúen a celebración das Letras Galegas, a conmemoración do Día Internacional dos Museos e o comezo da ruta gastronómica Tapearte, con moitas actividades na nosa vila para pequenos e maiores. 

Programación 

VENRES 17

Na xornada deste venres a partires das 10:00h, nas pistas do Caldeiro-Codesal (Camposancos) celebrarase a primeira edición do Torneo Día das Letras Galegas de Petanca, organizada polo Clube de Petanca O Caldeiro e no que participarán 8 equipos.

  Asemade, a partires desta data, comeza unha nova edición da ruta gastronómica Tapearte 2019, na que un total de 16 bares e restaurantes da localidade ofertarán tapas os venres, sábados e domingos, en horario de 12:00 a 14:00h e de 19:00 a 22:00h, a un prezo simbólico de 2€ a tapa.  

 A ruta Tapearte estará en funcionamento ata o vindeiro 2 de xuño, con premios directos e sorteo de agasallos para os participantes.

 Por outra banda, ás 17:00h, a Agrupación Cultural Guardesa dará comezo as actividades conmemorativas do Día das Letras Galegas, 2019 e faráo cun desfile de grupos folclóricos dende a Alameda ata o Auditorio de San Bieito. Logo da chegada a ese recinto, e trala benvida a seus compoñentes e ao respectable público, botará a andar un festival folclórico coa participación de tódolos grupos da Guarda.

 Logo das actuacions dos devanditos grupos terá lugar a entrega dos premios aos gañadores do concurso de relato e debuxo organizado pola Agrupación Cultural Guardesa.  

SÁBADO 18: 

 Nesta data conmemórase o Día Internacional dos Museos. O Consello Internacional de Museos (ICOM) quere centrar a celebración deste ano nos novos papeis dos museos coma actores activos en cada comunidade, nunha sociedade en contínuo cambio, na que tamén os museos se teñen que adaptar e reinventarse, sendo máis interactivos, flexibles e móbiles, espazo de coñecemento onde as persoas compartan e interactúen. 

 Entre as accións para conmemorar o Día Internacional dos Museos, dende o Concello de A Guarda organiza unha visita guiada ás salinas romanas do Seixal, aproveitando a segunda fase do proxecto «A Guarda, Mar de Sal» para a recuperación e posta en valor das salinas existentes na fachada atlántica do termo municipal da Guarda. 

 O proxecto «Mar de Sal» fundaméntase na necesidade de sustentar o desenvolvemento patrimonial sobre un sólido respaldo científico. 

 O estudo rigoroso das paisaxes do sal e a súa posta en valor permiten crear un recurso patrimonial posto ao servizo da cidadanía. 

 Para esta visita guiada, que terá lugar o sábado 18 de maio ás 10:45h, é preciso unha inscrición previa no enderezo electrónico anabam.anabam@gmail.com ou no teléfono  616 180 557. O punto de saída será o Porto da Guarda e a duración estimada desta visita é de 2 horas. 


 Ademais, tamén durante a xornada do sábado día 18 de maio, o acceso ao Monte de Santa Trega será de balde, contando tamén coas visitas guiadas postas en marcha dende o departamento de Turismo para coñecer máis polo miúdo o patrimonio e a historia do Monte Santa Trega. 

 Ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro do Monte Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do xacemento arqueolóxico do Monte Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos. 

 Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico (MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos. 

 Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986 610 504. 

 A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos. 



 O Centro de Interpretación das Fortalezas, ubicado na Fortaleza de Santa Cruz continúa acollendo a exposición de Praxíteles González Martínez, na que expóñense varias maquetas da súa autoría (ponte do Tamuxe, igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro, dúas vivendas rosaleiras,...), ademais das maquetas das Catedrais de Santiago de Compostela e Notre Dame de París. 

 Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. 

 Horario de 11:00 a 14:00h e de 16:00 a 19:00h. 

 Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive. 

  Asemade, como xa informamos, un total de 16 bares e restaurantes da vila ofertarán tapas os venres, sábados e domingos dentro da Ruta Gastronómica Tapearte 2019, en horario de 12:00 a 14:00h e de 19:00 a 22:00h a un prezo simbólico de 2€ a tapa. A ruta Tapearte estará en funcionamento ata o vindeiro 2 de xuño, con premios directos e sorteo de agasallos para os participantes.
DOMINGO 19: 

 O día grande chega o vindeiro domingo día 19 de maio coa Festa das Letras na Praza do Reló -en caso de choiva na Casa dos Alonso -, con venda de libros con descontos para os asistentes, postos de venda de artesanía, un xogo de pistas «Superlector», un posto con publicacións municipais e un sorteo final. 

As actividades darán comezo ás 11:30h co contacontos «A detective peregrina», a cargo de Polo Correo do Vento, seguido ás 13:00h dunha sesión de vermouth musical con «Roger de Flor». 

 Pola tarde, ás 16:30h celebraranse varios xogos populares entre os que destacan as carreiras de sacos, zancos, parchís xigante, entre outros.  

 Ás 18:00h terá lugar o espectáculo para nenos «Canta miña pedra canta» a cargo de Xoan Curiel e Charo Pita e rematará ás 20:00h cun traballo onde voz narrada e cantada contan historias recollidas no noso entorno baixo o título «Por unha peseta» a cargo da Compañía A Patacón con Vero Rilo e Faia Díaz (integrante do grupo De Vacas) Xogo de Pistas «Superlector».

 Unha das actividades principais desta Festa das Letras 2019 na Guarda e o Xogo de Pistas «Superlector». Trátase dun xogo que consiste en buscar, a partires dun fragmento de texto, unha ilustración ou unha fotografía, ou título dos libros, a colección a que pertence e o seu autor. 

 Nesta actividade poderán participar nenos e nenas de entre 3 e 12 anos en tres categorías. Para participar é preciso que se recollan as pistas no Centro Cultural en horario de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00, e entregarse resoltos o día 19 coincidindo coa Festa das Letras. Unha vez completado o xogo, os participantes deberán entregar a pista resolta o día 19 de Maio na Festa das Letras na propia Praza do Reló para comprobar os resultados e, así, conseguir un Agasallo de Superlector. 

 Ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro do Monte Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do xacemento arqueolóxico, a e que terá unha duración aproximada de 30 minutos. 

 Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico (MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos. 

 Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. 

 Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986 610 504. 

 A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,50€ para menores de 14 anos. 

 O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz continúa acollendo a exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González Martínez.

 Horario de 11:00 a 14:00h e de 16:00 a 19:00h. 

 Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive. 

 Por outra banda, e como xa informamos previamente, un total de 16 bares e restaurantes da vila ofertarán tapas os venres, sábados e domingos dentro da Ruta Gastronómica Tapearte 2019, en horario de 12:00 a 14:00h e de 19:00 a 22:00h a un prezo simbólico de 2€ a tapa.  

 A ruta Tapearte estará en funcionamento ata o vindeiro 2 de xuño, con premios directos e sorteo de agasallos para os participantes.

A GUARDA

CELSO RODRÍGUEZ FARIÑAS ENCABEZA Á CANDIDATURA DE CONVERXENCIA GALEGA AO CONCELLO DE A GUARDA

O ROSAL

VERBAS NA RÚA
“A IMPORTANCIA DAS PALABRAS”
  
 As palabras dan conta do ADN das nosas culturas
Foto: C.O.R.

Infogauda / O Rosal

 O Concello do Rosal  movilizou a todas as persoas: xente nova, familias, anciáns, alumnado e profesorado dos nosos centros educativos para elixir palabras cun significado especial: bonitas, agarimosas, ou que tivesen unha importancia que queiramos resaltar. O persoal operario do concello plasmou as palabras seleccionadas nos pasos de peóns da nosa vila.  

COMO O FIXERON

 Desde o executivo municipal que preside á alcaldesa María del Carmen Alonso Alonso, indican como o fixeron: "Realizouse un concurso non competitivo para seleccionar as palabras gañadoras. Nos centros educativos colocáronse unhas urnas nas que as persoas participantes depositaron as papeletas coa palabra que cada quen elixiu. 

 Demos unha marxe de tempo considerable, para que unha vez realizada a selección se poideran elixir as palabras que enfeitaron as nosas rúas.  

 As palabras dan conta do ADN das nosas culturas. Poden expresar amor, proximidade, agarimo, violencia, poder…"

A GUARDA

EMPREGO

O Concello oferta unha praza de informador turístico  


 Concello de A Guarda

 O Concello de A Guarda selecciona unha praza de persoal para a realización de tarefas de información na oficina de turismo adherida á rede de oficinas de turismo Info Rías Baixas do Concello de A Guarda.  

 Característica do posto: Contrato laboral de duración determinada, 7 meses a xornada completa de luns a domingo.   

Titulación esixida:  
• Diplomatura / grado en Turismo 
• Ciclo superior en Guía, Información e Asistencia Turística o Ciclo Superior en Comercialización Turística e Guía 
• Certificado de profesionalidade en promoción turística local e información ao visitante (código HOTI0108)  

 As bases completas da convocatoria están a disposición dos interesados no rexistro do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres, e na sede electrónica do concello dende a publicación do presente anuncio ata o 24 de maio de 2019, data na que remata o prazo para a presentación de instancias.

(R.)

A GUARDA

FORMACIÓN

A Omix da Guarda oferta un obradoiro gratuíto de Técnicas de Comunicación   

Infogauda / A Guarda

 O vindeiro día 7 de xuño terá lugar de 16:00 a 19:00 horas, un obradoiro sobre Técnicas de Comunicación, incluído na oferta formativa da Oficina Municipal de Información Xuvenil.  

 As inscricións seguen abertas ata esgotar as prazas. 

 As persoas interesadas terán que dirixirse ata a OMIX ou poñerse en contacto a través do mail informacion@aguarda.es ou no teléfono 986 610 000.   

 Neste interesante obradoiro abordaranse temas como os procesos info comunicativos, a comunicación e información dixital e ferramentas comunicativas. Unha temática de actualidade moi útil para multitude de profesións e mesmo para a vida diaria.

CAMBADOS

Alfonso Rueda: “Luis Aragunde é a garantía dun goberno honesto, transparente e de proxectos en serio para Cambados”  

• O presidente provincial aposta por abrir unha nova etapa de cambio  da man dun alcalde do PP que aporte experiencia, balance de xestión eficaz e cun equipo preparado e comprometido 

• O candidato á Alcaldía presenta a lista de 27 persoas coa que  concorrerá ás eleccións do 26 de maio cun programa ilusionante e   orientado a rematar con catro anos perdidos para que a localidade “volva a brillar”   

Ana Pastor e Alfonso Rueda, con Luis Aragunde, candidato do Partido Popular á Alcaldía de Cambados a tódolos compoñentes do seu equipo


Infogauda / Cambados

 O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, afirmou hoxe que Luis Aragunde representa “a garantía de que Cambados teña un goberno honesto, transparente e de proxectos serios” para os vindeiros catro anos, frente á parálise e a opacidade.  Para elo, argumentou, conta coa experiencia necesaria, con balance de xestión eficaz e cun “equipo preparado e listo para asumir responsabilidades desde o primeiro día”.   

 “Unha lista comprometida ao cen por cen e confeccionada para sair a gañar por maioría absoluta.  Para abrir unha nova etapa. Na que ninguén se presenta só por encher”, asegurou durante a súa participación nun mitin que serviu de presentación do equipo que acompañará a Luis Aragunde na súa candidatura á Alcaldía nas eleccións municipais. Nesta liña, amosouse convencido de que os populares obterán un gran resultado o 26 de maio en todos os concellos da provincia.   

 “Cambados necesita un cambio canto antes que devolva a ilusión”, suliñou Rueda, apelando a unir o voto no Partido Popular como única alternativa para conformar un goberno sólido e estable. “Temos ao mellor candidato posible. Sabe facer as cousas, ten proxecto e vai devolver a Cambados ao lugar que merece como un dos concellos de referencia na provincia e en toda Galicia”.   

 O presidente provincial definiu a Aragunde como unha persoa “valiente e das que sempre da a cara”, dialogante, cercana aos veciños e integradora, incidindo na súa capacidade de traballo e saber facer para tomar as decisións axeitadas.  

 Pola súa banda, Luis Aragunde explicou que presenta un programa ilusionante “para rematar con catro anos perdidos” no que a transparencia no Concello será un dos piares fundamentais.  Tamén se centrará na creación de emprego e oportunidades, co apoio ao comercio entre as grandes prioridades, e coa intención de dar a Cambados unha etapa de estabilidade e boa interlocución co resto das administracións .  

 Igualmente, agradeceu o compromiso de toda a súa candidatura, incidindo en que conta coas persoas  mellor capacitadas “para que Cambados volva a brillar”.
 
CANDIDATURA DO PP DE  CAMBADOS ÁS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DO 26 DE MAIO



1.         Luis Aragunde Aragunde
2.                María Isabel Fole Trigo
3.                Silvia Fernández Pérez
4.                Martín González Arosa
5.                Sonia Agra Piñeiro
6.                Juan Ramiro Gómez Blanco
7.                María del Mar Núñez Chaves
8.                Nerea Pintos Castro
9.                Mónica Montserrat Peña Otero
10.          José Carlos Trigo Trigo
11.          Ana Isabel Oubiña Santos
12.          Fabián Domínguez González
13.          Manuel Parracho Castro
14.          Alberto Lorenzo Dios
15.          Minia Martínez Torres
16.          Daniel González Galiñanes
17.          Emérita Oubiña Vieites

18.          Silvia García García
19.          Luis Manuel Prieto Álvarez
20.          María Nelly Fernández Pérez
21.          Joaquín Cores Pérez
22.          Marcos Carro Camiña
23.          Rodrigo Piñeiro Carro
24.          Pablo Vázquez Paz
25.          Marina Pérez Costa
26.          Ana María Cores Fontenla
27.          Carlos Alberto Cacabelos Caamaño


CAMINHA

CINEMA

Boletim da Sessão nº 395 

"O Tubarão" de Steven Spielberg (1975)

Sexta-feira, 17 de maio às 21:45 no Auditório do Museu Municipal de Caminha


Locus Cinemae / Caminha

 Tubarão não seria o que é sem a música de John Williams. Aqueles acordes gravíssimos, soturnos, abafados, opressivos, que precedem cada ataque do monstro, definem todo o clima de medo, de pavor que permeia  o filme.  

 Foi a segunda das dezenas de colaborações entre John Williams e Steven Spielberg – uma das uniões mais duradouras e prolíferas entre um cineasta e um compositor. Trabalharam juntos mais vezes que Federico Fellini & Nino Rota, Alfred Hitchcock & Bernard Herrmann, François Truffaut & Georges Delerue, Brian De Palma & Pino Donaggio.  

 John Williams só não compôs para os primeiros filmes dirigidos por Spielberg para a TV, que incluem Um assassino pelas costas/Duel (1971) e A Presença do Mal/Something Evil (1972). O primeiro filme do realizador feito para exibição nos cinemas, Asfalto Quente/The Sugarland Express (1974), tinha já banda sonora assinada pelo compositor.  

 Neste que foi o segundo filme para cinema de Spielberg – e seu primeiro gigantesco sucesso de bilheteria –, John Williams brilha. Brilha e espalha medo na plateia.”  



FICHA TÉCNICA:
Título original: “Jaws”, EUA, 1975
Realização: Steven Spielberg
Produção: Richard D. Zanuck, David Brown
Argumento: Peter Benchley, Carl Gottlieb, baseado em “Jaws”, de Peter Benchley
Música: John Williams
Fotografia: Bill Butler
Montagem: Verna Fields
Companhias produtoras: Zanuck/Brown Productions
Distribuição: Universal Pictures
Duração: 124 minutos
FICHA ARTÍSTICA:
Roy Scheider…. Martin Brody
Robert Shaw…. Quint
Richard Dreyfuss…. Matt Hooper
Lorraine Gary…. Ellen Brody
Murray Hamilton…. Larry Vaugh
Carl Gottlieb…. Meadows
Jeffrey Kramer…. Hendricks
Susan Backlinie…. Chrissie Watkins
Chris Rebello…. Michael Brody
Jay Mello…. Sean Brody
https://www.youtube.com/watch?v=U1fu_sA7XhE
 
Programação    
Ciclo O Cinema e o Mar        
24 de maio, “Vinte Mil Léguas Submarinas”, Richard Fleischer, EUA, 1954, Sessão 396 (M/6)     
31 de maio, “Um Peixe Fora de Água”, Wes Anderson, EUA, 2004, Sessão 397 (M/12)    
Ciclo Thriller        
7 de junho, “Matou”, Fritz Lang, Alemanha, 1931, Sessão 398 (s/ classificação)     
14 de junho, “Made in USA”, Jean-Luc Godard, França, 1966, Sessão 399 (M/12)     
21 de junho, “Um Assassino Pelas Costas”, Steven Spielberg, EUA, 1971, Sessão 400 (s/ classificação)     
28 de junho, “Fim-de-semana alucinante”, John Boorman, EUA, 1972, Sessão 401 (s/ classificação)


ARCOS DE VALDEVEZ

Município promovido no exterior  



 María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 As relações com os países estrangeiros e a promoção do concelho no exterior é uma das prioridades do executivo municipal com o objetivo de divulgar e promover as potencialidades do concelho e levar o nome de Arcos de Valdevez cada vez mais longe. Ainda recentemente o Presidente da Câmara Municipal, João Esteves, esteve em Lisboa com a Incubo nas embaixadas da Espanha, Estados Unidos e França. Nos dias seguintes esteve com a CIM Alto Minho e a Câmara Municipal de Viana do Castelo esteve encontro com vários embaixadores da União Europeia e esta semana com representantes dos Parques Nacionais dos Estados Unidos da América. 

 Esta troca de contactos e experiencias servem para promover, alargar conhecimentos e horizontes em variados domínios de atividade e contribuem para o dinamismo cultural, económico e o turismo.

ARCOS DE VALDEVEZ

“Põe a mão na massa”  

Workshop gratuito  

Sensibilização para alternativas ao uso do plástico no nosso dia-a-dia  

Auditório 2 da Casa das Artes  

 25 de Maio – 15h00 às 17h00   
 


 María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 Considerando a crescente preocupação e emergência em reduzir e criar alternativas ao lixo, nomeadamente ao plástico, o Arquivo Municipal vai realizar um Workshop gratuito para adultos, com Liliana Geraldes, autora do blog “A Mamã sabe poupar”. Durante a oficina, ser-nos-ão dadas informações relevantes e alternativas ao uso do plástico no nosso dia-a-dia e que, por sua vez,  contribuem (e muito) para reduzir as despesas de supermercado e a quantidade de lixo doméstico.  

 Faça já a sua inscrição para arquivomunicipal@cmav.pt ou sceiras@cmav.pt  Para mais informações: 258 520 523

LABORAL

CIG-Saúde retoma as mobilizacións no conxunto da Atención Primaria 
 
 Manuel González Moreira* / Vigo

 Ante os diferentes incumprimentos por parte da Consellería de Sanidade dos compromisos e acordos tomados o día 8 de abril a CIG-Saúde retoma as mobilizacións na Atención Primaria desde xa e que proximamente serán concretadas en común con tódolos colectivos afectados. Así mesmo a CIG-Saúde apoia todas as mobilizacións en Atención Primaria no camiño dunha solución global e para todos os colectivos. 

 Con este obxectivo e neste contexto de mobilización, a CIG-Saúde en Vigo apoia a folga do 21 e 22 de maio mentres se retoma o calendario de mobilizacións para conseguir unha solución global para toda a Atención Primaria. 

 O actual Xerente da EOXI de Vigo está inhabilitado para a negociación deste conflito, polo que a súa dimisión ou cese é o primeiro paso necesario para intentar superalo. 

 A situación na que se atopa a Atención Primaria da área sanitaria de Vigo precisa que se tomen medidas urxentes. As presentadas na última Mesa Sectorial están moi lonxe de ser as que a nosa atención primaria precisa. 

 A complexidade da situación actual, marcada pola cronicidade e o envellecemento, xunto coas limitacións do cadro de persoal para dar unha resposta de calidade, precisa da elaboración urxente dun Plano de Ordenación de Recursos Humanos que identifique as necesidades, tanto de prazas de nova creación como de prazas que será necesario substituír nos próximos anos como consecuencia do elevado número de xubilacións previstas. Este plano de ordenación de RRHH debe contemplar as medidas que é necesario por en marcha para dar resposta a esas necesidades. 

 Para que a Atención Primaria recupere peso no conxunto da sanidade pública esiximos a creación da Xerencia de Atención Primaria, para, entre outras cousas, ter unha interlocución en pe de igualdade coa Atención Hospitalaria que permita establecer un marco de relación bidireccional en beneficio dos profesionais e dos pacientes. E mentres isto non sucede, demandamos que se poñan en marcha as medidas acordadas por profesionais dos dous ámbitos recollidas no Plan Estratéxico. 

 As solucións que necesita a Atención Primaria precisan dunha visión global e multidisciplinar que recupere o traballo en equipo e permita o adecuado desenvolvemento profesional de tódalas persoas que traballan en Atención Primaria, para isto é preciso revisar as carteiras de servizos de cada categoría profesional e adaptar os ratios ás novas necesidades. 

* Secretario Comarcal de CIG-Saúde Vigo