16 de maio de 2019

O ROSAL

VERBAS NA RÚA
“A IMPORTANCIA DAS PALABRAS”
  
 As palabras dan conta do ADN das nosas culturas
Foto: C.O.R.

Infogauda / O Rosal

 O Concello do Rosal  movilizou a todas as persoas: xente nova, familias, anciáns, alumnado e profesorado dos nosos centros educativos para elixir palabras cun significado especial: bonitas, agarimosas, ou que tivesen unha importancia que queiramos resaltar. O persoal operario do concello plasmou as palabras seleccionadas nos pasos de peóns da nosa vila.  

COMO O FIXERON

 Desde o executivo municipal que preside á alcaldesa María del Carmen Alonso Alonso, indican como o fixeron: "Realizouse un concurso non competitivo para seleccionar as palabras gañadoras. Nos centros educativos colocáronse unhas urnas nas que as persoas participantes depositaron as papeletas coa palabra que cada quen elixiu. 

 Demos unha marxe de tempo considerable, para que unha vez realizada a selección se poideran elixir as palabras que enfeitaron as nosas rúas.  

 As palabras dan conta do ADN das nosas culturas. Poden expresar amor, proximidade, agarimo, violencia, poder…"

Ningún comentario:

Publicar un comentario