Celebración do Día das Letras Galegas
Toda unha fin de semana con moitas actividades na Guarda
Infogauda / A Guarda
Nesta fin de semana conflúen a celebración das Letras Galegas, a conmemoración do Día Internacional dos Museos e o comezo da ruta gastronómica Tapearte, con moitas actividades na nosa vila para pequenos e maiores.
Programación
VENRES 17

Asemade, a partires desta data, comeza unha nova edición da ruta gastronómica Tapearte 2019, na que un
total de 16 bares e restaurantes da localidade ofertarán tapas os venres,
sábados e domingos, en horario
de 12:00 a 14:00h e de 19:00 a 22:00h, a un prezo simbólico de 2€ a
tapa.
A ruta Tapearte estará en funcionamento ata o vindeiro 2 de xuño,
con premios directos e sorteo de agasallos para os participantes.
Por outra banda, ás 17:00h, a Agrupación Cultural Guardesa dará comezo as actividades conmemorativas do Día das Letras Galegas, 2019 e faráo cun desfile de grupos folclóricos dende a Alameda ata o Auditorio de San Bieito. Logo da chegada a ese recinto, e trala benvida a seus compoñentes e ao respectable público, botará a andar un festival folclórico coa participación de tódolos grupos da Guarda.
Logo das actuacions dos devanditos grupos terá lugar a entrega dos premios aos gañadores do concurso de relato e debuxo organizado pola Agrupación Cultural Guardesa.
SÁBADO 18:
Nesta data conmemórase o Día Internacional dos Museos. O Consello Internacional de Museos (ICOM) quere centrar a celebración deste ano nos novos papeis dos museos coma actores activos en cada comunidade, nunha sociedade en contínuo cambio, na que tamén os museos se teñen que adaptar e reinventarse, sendo máis interactivos, flexibles e móbiles, espazo de coñecemento onde as persoas compartan e interactúen.
Entre as accións para conmemorar o Día Internacional dos Museos, dende o Concello de A Guarda organiza unha visita guiada ás salinas romanas do Seixal, aproveitando a segunda fase do proxecto «A Guarda, Mar de Sal» para a recuperación e posta en valor das salinas existentes na fachada atlántica do termo municipal da Guarda.
O proxecto «Mar de Sal» fundaméntase na necesidade de sustentar o desenvolvemento patrimonial sobre un sólido respaldo científico.
O estudo rigoroso das paisaxes do sal e a súa posta en valor permiten crear un recurso patrimonial posto ao servizo da cidadanía.
Para esta visita guiada, que terá lugar o sábado 18 de maio ás 10:45h, é preciso unha inscrición previa no enderezo electrónico anabam.anabam@gmail.com ou no teléfono 616 180 557. O punto de saída será o Porto da Guarda e a duración estimada desta visita é de 2 horas.
Ademais, tamén durante a xornada do sábado día 18 de maio, o acceso ao Monte de Santa Trega será de balde, contando tamén coas visitas guiadas postas en marcha dende o departamento de Turismo para coñecer máis polo miúdo o patrimonio e a historia do Monte Santa Trega.
Ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro do Monte Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do xacemento arqueolóxico do Monte Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.
Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico (MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.
Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986 610 504.
A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.
O Centro de Interpretación das Fortalezas, ubicado na Fortaleza de Santa Cruz continúa acollendo a exposición de Praxíteles González Martínez, na que expóñense varias maquetas da súa autoría (ponte do Tamuxe, igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro, dúas vivendas rosaleiras,...), ademais das maquetas das Catedrais de Santiago de Compostela e Notre Dame de París.
Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista.
Horario de 11:00 a 14:00h e de 16:00 a 19:00h.
Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive.
Asemade, como xa informamos, un
total de 16 bares e restaurantes da vila ofertarán tapas os venres,
sábados e domingos dentro da Ruta Gastronómica Tapearte 2019, en horario
de 12:00 a 14:00h e de 19:00 a 22:00h a un prezo simbólico de 2€ a
tapa. A ruta Tapearte estará en funcionamento ata o vindeiro 2 de xuño,
con premios directos e sorteo de agasallos para os participantes.
DOMINGO 19:

Pola tarde, ás 16:30h celebraranse varios xogos populares entre os que destacan as carreiras de sacos, zancos, parchís xigante, entre outros.
Ás
18:00h terá lugar o espectáculo para nenos «Canta miña pedra canta» a
cargo de Xoan Curiel e Charo Pita e rematará ás 20:00h cun traballo onde
voz narrada e cantada contan historias recollidas no noso entorno baixo
o título «Por unha peseta» a cargo da Compañía A Patacón con Vero Rilo e
Faia Díaz (integrante do grupo De Vacas) Xogo de Pistas «Superlector».

Nesta
actividade poderán participar nenos e nenas de entre 3 e 12 anos en
tres categorías. Para participar é preciso que se recollan as pistas no
Centro Cultural en horario de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00, e
entregarse resoltos o día 19 coincidindo coa Festa das Letras. Unha vez
completado o xogo, os participantes deberán entregar a pista resolta o
día 19 de Maio na Festa das Letras na propia Praza do Reló para
comprobar os resultados e, así, conseguir un Agasallo de Superlector.
Ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro do Monte Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do xacemento arqueolóxico, a e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.
Ás
12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte
Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico (MASAT) e que
terán unha duración aproximada de 90 minutos.
Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa.
Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986 610 504.
A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,50€ para menores de 14 anos.
O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz continúa acollendo a exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González Martínez.
Horario de 11:00 a 14:00h e de 16:00 a 19:00h.
Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive.
Por outra banda, e como xa informamos previamente,
un total de 16 bares e restaurantes da vila ofertarán tapas os venres,
sábados e domingos dentro da Ruta Gastronómica Tapearte 2019, en horario
de 12:00 a 14:00h e de 19:00 a 22:00h a un prezo simbólico de 2€ a
tapa.
A
ruta Tapearte estará en funcionamento ata o vindeiro 2 de xuño, con
premios directos e sorteo de agasallos para os participantes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario