30 de dec. de 2019

GALICIA

Galicia destina no vindeiro ano 125.000 euros a axudas para a protección dos animais de compañía abandonados  

O Diario Oficial de Galicia publica a orde pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados, que se poderán solicitar ata setembro de 2020

Os principais beneficiarios son as corporacións locais que, no seu ámbito territorial presten servizo de recollida e xestión de colonias felinas por si mesmas ou asociadas, en réxime de xestión directa ou indirecta


 Foto: X.G.

Infogauda / Santiago de Compostela

 A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda convoca hoxe no Diario Oficial de Galicia a orde de axudas para sufragar accións de protección dos animais de compañía abandonados.  

 Está dotada de 125.000 euros, dos cales un importe de 85.000 euros será para os gastos derivados da esterilización cirúrxica e 40.000 euros para os gastos derivados da identificación animal, realizados no período comprendido entre o 1 de setembro de 2019 e o 31 de agosto de 2020; polo que as solicitudes poden presentarse solicitudes ata o mes de setembro de 2020.  

 Así, serán subvencionables a esterilización cirúrxica dos animais que se atopen nos centros de recollida autorizados e/ou formen parten de colonias felinas reguladas, coa dobre finalidade de evitar a súa reprodución incontrolada e a promoción da súa adopción, e a identificación animal mediante a implantación de microchip, correspondente inscrición no Regiac e expedición de pasaporte sanitario, de acordo co recollido no artigo 12 da Lei 4/2017, do 3 de outubro.  

 As principais beneficiarias destas subvencións son as corporacións locais que, no seu ámbito territorial presten servizo de recollida e xestión de colonias felinas por si mesmas ou asociadas, en réxime de xestión directa ou indirecta; ou ben que presten o servizo de recollida e xestión de colonias felinas mediante convenio e/ou acordos de colaboración nesta materia con outras administracións públicas e entidades, como as asociacións de protección e defensa dos animais inscritas no Rexistro Galego de asociacións para a protección e defensa dos animais de compañía.

Ningún comentario:

Publicar un comentario