«Nadal con Paio e Aurelio»
O venres día 3 de xaneiro ás 17:30 horas, a Praza do Reló acolle ese espectáculo
Infogauda / A Guarda
Unha das actividades enmarcadas na Programación de Nadal 2019/20 do Concello de A Guarda chegará o venres día 3 de xaneiro de 2020, ás 17:30 horas a Praza do Reló. Trátase de «Nadal con Paio e Aurelio», un espectáculo especial para estas festas de Nadal, con voces en directo (Verónica Santalices, Laura Iglesias, Federico Wlicki e David Álvarez) e no que 4 personaxes farán as delicias dos máis pequenos da casa.
A compañía viguesa Oviravai está especializada na realización de espectáculos infantís a través da música. Despois dos éxitos do libro-CD “As andanzas de Paio” (Galaxia, 2016) e "Paio e o poder da música", chega á nosa vila co seu último e novo espectáculo: «Nadal con Paio e Aurelio».
En caso de choiva o espectáculo trasladarase ao Centro Cultural.
Ningún comentario:
Publicar un comentario