A Mancomunidade Intermunicipal de Concellos do Baixo Miño demanda ser escoitada
Os seus membros rematan o ano desexando ter unha reunión coa Consellería de Sanidade e que se atenda ás alegacións feitas respecto ó Transporte Público
Foto de familia das alcaldesas de O Rosal e Tomiño, co alcalde de A Guarda e concelleiras/os de O Rosal, Tomiño, Tui e A Guarda, reunidos en sesión da Mancomunidade Intermunicipal de Concellos do Baixo Miño
Foto: C.A.G.
Infogauda / O Baixo Miño
Os membros da Mancomunidade Intermunicipal de Concellos do Baixo Miño, formada polos correspondentes representantes dos gobernos municipais de A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui, reuníronse - agás á representación do Concello de Oia - antes de rematar o exercicio 2019 para tratar algúns temas importantes de cara ó ano que ven.
As alcaldesas de O Rosal e Tomiño, respectivamente; o alcalde de A Guarda, e concelleiros dos grupos municipales de goberno de A Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui, amosan de xeito unánime a súa preocupación por dúas cuestións que consideran cruciais para a veciñanza de todos os concellos que forman parte da devandita Mancomunidade Intermunicipal:
· A situación da Sanidade e do Transporte Público na Comarca.
Desde o mes de xullo veñen solicitando unha cita coa Consellería de Sanidade, da Xunta de Galicia, para falar da súa situación.
· A situación da Sanidade e do Transporte Público na Comarca.
Desde o mes de xullo veñen solicitando unha cita coa Consellería de Sanidade, da Xunta de Galicia, para falar da súa situación.
Ata o momento nin tan sequera obtiveron unha resposta a esta solicitude. No mes de agosto, por primeira vez na historia, xuntáronse os catro concellos (A Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui) para facer as alegacións ao anteproxecto de transporte que sacou a Xunta de Galicia e que deixaba á comarca nunha situación aínda máis deficitaria á actual.
Os catro concellos tiveron a capacidade de realizar un plan das necesidades do transporte para os mesmos que presentaron conxuntamente na Xunta.
Nestas datas de desexos e bos augurios coa nova entrada de ano, desde a Mancomunidade Intermunicipal de Concellos do Baixo Miño amosan de novo o seu desexo inminente de ter unha reunión coa Consellería de Sanidade, así como que se fagan efectivas e se contemplen as necesidades implementadas co obxectivo de mellorar a situación do transporte para a veciñanza dos seus Concellos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario