O alcalde e a concelleira de Deportes felicitan públicamente ao Mecalia Atlético Guardés
Pola recepción do galardón de mellor equipo feminino 2018, xunto co Burela Fútbol Sala Feminino
Antonio Lomba aproveitou esta ocasión “para
destacar a recente participación das xogadoras Marisol Carratú e
Rosario Urban, e do adestrador José Ignacio Prades, no Mundial de Xapón (...)”
As xogadores do equipo de balonmán DHF, do Mecalia Atlético Guardés saudando aos siareiros no pavillón da Sangriña
Fotos: C.A.G.
Fotos: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
Mediante un comunicado de prensa recibido a primeira hora da tarde deste venres 13 de decembro de 2019, na Redacción deste xornal dixital transfronteirizo; Antonio Lomba Baz, alcalde de A Guarda e Mª Montserrat Magallanes, concelleira de Deportes, queren “amosar os seus parabéns para o equipo, directivo técnico e xogadoras do Mecalia Atlético Guardés pola recepción do galardón de mellor equipo feminino 2018, xunto co Burela Fútbol Sala Feminino, un premio que concede anualmente a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.
De igual xeito dende o consistorio local se quere dar a noraboa polo subcampionato de liga, a fase final da Copa e a participación na terceira rolda da EHF Cup Europea, sen dúbida unhas competicións de moita importancia e resultados que se traducen do bo estado de forma deste clube, que leva o nome da Guarda alá onde compite”.
A esquerda da imaxe, José Ignacio Prades, adestrador do Mecalia Atlético Guardés, que está no Mundial de Xapón, formando parte do equipo técnico da Selección Española de Balonmán
Na imaxe a gardarredes Marisol Carratú, que ao igoal que Rosario Urban, tamén forman parte do equipo da Selección Española de Balonmán que está participando no Mundial de Xapón
Mª Montserrat Magallanes valorou “positivamente o traballo realizado dende o clube, o seu forte compromiso ao máis alto nivel de competición”. A concelleira quixo “destacar o enorme esforzo que tamén supón para o Concello da Guarda ter un equipo como o Mecalia Atlético Guardés na vila”, adiantando que “o compromiso co clube será sempre o de apoiar en todo o que sexa posible”.
Antonio Lomba aproveitou esta ocasión “para
destacar a recente participación das xogadoras Marisol Carratú e Rosario Urban, e do adestrador José Ignacio Prades, no Mundial de Xapón,
o que amosa a importancia que ten o balonmano femenino na Guarda”, dando “os parabéns por tan importante fito deportivo”.
Ricardo: urban e carratu, formaron parte do plantel de arxentina
ResponderEliminar