UN NOVO "RECLAMO" NO CAMIÑO PORTUGUÉS POLA COSTA?
Logo de haber sido danados por un automóbil fai un mes, non repuxeron o báculo de alumeado público nin o banco de pedra
Logo de haber sido danados por un automóbil fai un mes, non repuxeron o báculo de alumeado público nin o banco de pedra
Nas imaxes pódense apreciar o estado no que se atopan o báculo de alumeado público e o banco de pedra, así como o cono que sinaliza o emprazamento do punto de alumeado público sinistrado
Fotos: Infogauda
Infogauda / A Guarda
Como non reemprazaron nin o báculo de alumeado nin o banco de pedra que resultaron afectados no sinistro de tráfico rodado que imos referir decontado; na tarde deste domingo día 10 de novembro de 2019 cumpliuse un mes desde que o pasado día 10 de outubro, un vehículo autómobil turismo, que circulaba polo Paseo de Portugal en dirección A Pasaxe, por causas que descoñecemos, invadiu á beirarrúa da marxe dereita no sentido da marcha, batendo frontalmente, en primeiro lugar, contra un báculo metálico do alumeado público, e a continuación contra un banco de pedra situado a varios metros de distancia do referido báculo. Non temos constancia de que tanto os ocupantes do vehículo como os posibles peóns que transitasen por ese lugar, sufrisen danos persoais. Do que sí temos e que momentos despois de producirse o sinistro, compareceron no lugar do accidente, efectivos da Policía Local de A Guarda. Ese é, en síntese, o relato dos feitos.
En todo caso, o motivo destas liñas non é dar conta de un accidente de tráfico, senón o de deixar constancia de que a día de hoxe, como pode comprobarse in situ e como acreditan ás dúas fotografías que incluimos nesta crónica; a ancoraxe - ubicada nas coordenadas: 41°53'56.9"N 8°51'43.5"W - do báculo de alumeado público que resultou sinistrado, está sinalizada con un cono; o báculo e os restos do banco de pedra están a un lado da beirarrúa, sen entorpecer, dito sexa de paso, o tránsito dos peóns e os numerosos camiñantes que teñen a ben facer a ruta xacobea do Camiño Portugués pola Costa.
A vista desa realidade, perfectamente contrastable, e tendo en conta o tempo transcorrido desde que aconteceu o referido sinistro, e que estamos referíndonos a un lugar de tránsito diario de veciños e visitantes, facemos ás seguintes preguntas:
1ª.- Estamos diante dun novo "reclamo turístico ou cultural" do Camiño Portugués pola Costa, ou máis ben é unha mostra de algo ben distinto, cuxo calificativo e destinatarios "responsables" deixamos ao criterio dos amables lectores deste xornal dixital, para que sexan eles os que fagan súas persoais valoracións?
2ª.- É esa unhas das "imaxes" que queremos ofrecerlles aos veciños e tamén ás persoas que nos visitan, ou é unha proba do que non debera ser, especialmente tendo en conta que A Guarda ostenta con todo merecemento a decraración de Concello de Interese Turístico?
3ª.- E por último preguntamos públicamente, se o motivo da presenza dos restos do devandito sinistro é para amosar a "dilixencia" municipal na xestión deste tipo de incidencias ou é unha anomalía que non debera existir por máis tempo que o estrictamente imprescindible, repoñendo o máis axiña posible o báculo do alumeado público e o banco de pedra, nos seus respectivos emprazamentos, para que cumplan as respectivas funcións primixenias para as cales foran instalados no seu día.
En todo caso, coidamos que logo de haber transcurrido un mes, xa houbo tempo dabondo para reemprazar tanto o báculo de alumeado público como o banco de pedra.
En todo caso, coidamos que logo de haber transcurrido un mes, xa houbo tempo dabondo para reemprazar tanto o báculo de alumeado público como o banco de pedra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario