11 de set. de 2025

TOMIÑO

BARferencia

Natureza en perigo no Baixo Miño 

 Este venres 12 de setembro, ás 19:30 h  en La de Maika - Centro Tomiñés (Tomiño) 

 



Infogauda / Tomiño

Dentro do ciclo BARferencias - Fortalezas da Fronteira, este venres, 12 de setembro, ás 19:30 h  en La de Maika - Centro Tomiñés (Tomiño), temos unha cita coa biodiversidade local.

 Manuel Ángel Pombal Diego "Peque", biólogo e membro da Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM), falará sobre os ecosistemas e especies ameazadas do Baixo Miño. 

 Unha oportunidade única para coñecer mellor o noso entorno natural e reflexionar sobre como coidalo. 

 E antes da charla, ás 12:00 e ás 18:00 h  hai posibilidade dunhas visitas guiadas á escavación da batería de As Torres.   

 Ciencia, historia e natureza nun mesmo día. 

 Non o perdades!

Ningún comentario:

Publicar un comentario