12 de set. de 2019

TOMIÑO

Unidade móbil de inspección técnica de ciclomotores o día 13 de setembro 

As revisións realizaranse na explanada da Policía Local (barrio da Rocha)  



Infogauda / Tomiño

 Este venres 13 de setembro, achegarase a Tomiño unha unidade móbil de inspección técnica de ciclomotores.  

 Instalarase na explanada diante da Policía Local en horario de 9:00 a 13:30 e de 15:15 a 18:00 horas. 

 A cita pode concertarse a través da páxina web www.sycitv.com, ou ben, no teléfono 902 30 90 00. 

 Aos vehículos que se presenten sen cita, asignaráselles hora de atención directamente na estación móbil, segundo a dispoñibilidade do servizo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario