5 de set. de 2019

MADRID

No Espacio Rastro

ALEJANDRA SEIJAS INAUGURA SÚA EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍAS

 Infogauda / Madrid
 
 Na que probablemente é a primeira actividade da colectividade galega en Madrid neste novo curso, temos o pracer de informar aos lectores deste xornal dixital transfronteirizo da "Exposición de fotografías del Rastro de Madrid", de Alejandra Seijas, que se inaugura mañá, 6 de setembro, no Espacio Rastro Madrid, (rúa San Cayetano, 5 – Madrid), ás 19:00 horas.     

 Seijas é fotógrafa da axencia Lalinpress, creada polo seu pai, o tamén fotógrafo Manuel Seixas Calviño, natural de Lalín (Pontevedra). Retrata El Rastro desde que era nena e creou unha conta en Instagram, Todo Rastro, onde exhibe imaxes do coñecido espazo madrileño, do que se converteu en  cronista gráfica.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario