12 de set. de 2019

A GUARDA

A Guarda prepárase para unha intensa fin de semana

Entre ás propostas hai un concerto musical, visitas guiadas ao Monte Santa Trega, baixada de carrilanas, unha churrascada, serán tradicional,...
 

Infogauda / A Guarda

 Esta fin de semana A Guarda acolle varias actividades nas que destacan o comezo das celebracións das Festas das Mercedes na Gándara; un relatorio con Amelia Tiganus que tratará sobre Violencia de Xénero; o concerto de peche de Música nas Prazas 2019 con Helen & Shanna; una nova sesión de Contos Contados; a 2ª Churrascada de Buxán; ademáis de exposicións e visitas guiadas ao Monte Santa Trega. 
  ´
VENRES 13  

 Na xornada deste venres continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega. Ás 11:30 horas realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do xacemento arqueolóxico e que terá unha duración aproximada de 30 minutos. 

 Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico (MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos. 

 Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. 

 Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986 610 504. 

 A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,50€ para menores de 14 anos. 
 


 O venres día 13 de setembro ás 20:00 horas, o Centro Cultural acollerá un relatorio sobre Violencia Sexual Comercial. Prostitución e pornografía, a cargo de Amelia Tiganus e no que colabora o CIM (Centro de Información á Muller) da Guarda. 

 No acto tratarase sobre os Avances e retos de futuro na loita contra a trata e explotación sexual de mulleres e nenas. 

 Asemade será proxectada a curtametraxe Lurna, do director Nani Matos, de Camposancos (A Guarda).


  
 Tralos concertos de Caramelo Krew, na Praza de San Queitano e de Blues do País na Praza de Avelino Vicente, Música nas Prazas 2019 chega este venres día 13, ás 22:00h na Praza dos Seixiños ao seu fin coa actuación de Helen & Shanna.

 Cunha forte influencia folk, Helen & Shanna, un grupo guardés nado no ano 2013 e que xa ten ofertado numerosos concertos en salas e pequenos festivais en toda Galicia; recolle aspectos doutras culturas, con instrumentos tan variados coma o sitar, a trompeta, o violín ou o ukelele. 

SÁBADO 14 

 Este sábado día 14 de setembro ás 11:30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de A Guarda retoma as sesións de Contos Contados cun contacontos sobre igualdade e diversidade a cargo de Bego Bras. 


 Esta actividade pertence ao Programa Ler Conta Moito 2019: Igualdade e Violencia de Xénero. Está organizada pola Biblioteca Pública Municipal en colaboración co CIM Centro de Información á Muller de A Guarda. O seu obxectivo é a dinamización da lectura que promova a igualdade entre homes e mulleres e a prevención da violencia de xénero.

 Este sábado continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega. Ás 11:30 horas realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do xacemento arqueolóxico e que terá unha duración aproximada de 30 minutos. 

 Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico (MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos. 

 Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. 

 Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986 610 504. 

 A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,50€ para menores de 14 anos. 

 A Asociación de Veciños O Percamino da Gándara organiza un ano máis as Festas das Mercedes, cunha ampla programación que arranca xa este sábado día 14 de setembro con música, actividades deportivas, verbena, gastronomía e moito máis.  

 A programación para este sábado inclúe a IV Baixada de Carrilanas, que terá lugar ás 16:00h dende A Proba ata A Bisorca, contando nesta edición cun total de 15 inscritos.  

 Ás 21:00 horas, na Praza dos Seixiños, terá lugar o XIX Serán organizado polo Grupo de Gaitas A Boalleira e obsequiarase aos asistentes con chocolate e biscoito. 



 Este sábado, a partires das 21:00 horas a Praza de Buxán acollerá a 2ª Gran Churrascada organizada pola Comisión das Festas da Pascua de Buxán.
 
 O Centro de Interpretación das Fortalezas na Fortaleza de Santa Cruz continúa acollendo á exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se mostran varias maquetas (Ponte do Tamuxe, Igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, así como ás maquetas das catedrais de Santiago e Notre Dame. C

 Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. 

 Horario de 11:00 a 14:00h e de 18:00 a 21:00h. 

 Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive.  

DOMINGO 15  

 Enmarcado nas Festas das Mercedes na Gándara, o domingo día 15 de setembro ás 17:00 horas, celebrarase o II Concurso degustación de repostería e tortillas con premios para os tres primeiros clasificados de cada categoría.


 E ás 20:00 horas terá lugar a representación de teatro musical «A chavola de Coiro Vello».  

 No Centro de Interpretación das Fortalezas na Fortaleza de Santa Cruz podemos visitar a exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González.

 Horario de 11:00 a 14:00h e de 18:00 a 21:00h. 

 Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive.

Ningún comentario:

Publicar un comentario