12 de set. de 2019

A GUARDA

O Concello oferta un novo curso de formación 

Adicado a empresas do sector turístico coma hostalaría e aloxamentos turísticos


Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda organiza un novo curso de formación especialmente adicado a empresas do sector turístico coma hostalaría e aloxamentos turísticos. 

 Neste curso, totalmente de balde,  traballarase o perfeccionamento na xestión das redes sociais para mellorar reputación en liña, captación de clientes e marca do establecemento. 

 O curso terá unha duración total de 10 horas e realizarase os mércores de outubro en horario de 17:00 a 19:00h.  

 O prazo de inscricións está xa aberto ata o 25 de setembro a través da Oficina de Turismo da Guarda. As persoas interesadas en participar tan só teñen que chamar ao 986 614 546 ou contactar no enderezo electrónico turismo@aguarda.es.

Ningún comentario:

Publicar un comentario