FESTAS DA VIRXE DA GUÍA
Mariachi "Noche de Ronda"
Gran actuación o domingo día 8 de setembro, ao remate das poxas
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Non será o 21 de xaneiro, que é Día do Mariachi, recoñecido pola UNESCO como Patrimonio Inmaterial da Humanidade, senón o vindeiro domingo día 8 de setembro, ao remate das tradicionais poxas, cando na Praza da Guía, en Ribadavila (A Guarda), actuará o Mariachi Noche de Ronda, de Redondela.
Como dínolo a Organización das Nacións Unidas para á Educación, á Ciencia e a Cultura (UNESCO), "el mariachi é unha música tradicional e un elemento fundamental da cultura mexicana, a través da cal se transmiten valores, patrimonio, historia e diferentes linguas indíxenas (...)".
Un mariachi tradicional é un grupo de músicos que empregan instrumentos de cordas, como arpas, contrabaixos, guitarras, guitarrons, violíns,...
O mariachi popular inclúe trompetas.
A orixe dos mariachis, segundo os eruditos, sitúase en Jalisco, México e zoas próximas.
En todo caso, o Mariachi Noche de Ronda brindará a toda a audiencia que se achegue ata a Praza da Guía, seu amplo repertorio que convidaránnos a bailar coa música dos seus sons abajeños, arribeños, costeños e jarabes.
Esta actuación está promovida polo Concello de A Guarda coa colaboración da Deputación de Pontevedra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario