30 de ago. de 2019

MARZÁN (O ROSAL)

REMATE DO CAMPAMENTO DE VERÁN DO CONCELLO DO ROSAL

Sara Vicente Salcidos - agachada, a dereita da imaxe -, concelleira de Cultura, e Sabela Rodríguez Jardón - de pé, no centro da fotografía -, concelleira de Muller e Igualdade, visitaron o campamento  
Foto: C.O.R


Infogauda / O Rosal 

 Hoxe Sara Vicente Salcidos, concelleira de Cultura, e Sabela Rodríguez Jardón, concelleira de Muller e Igualdade, visitaron o campamento onde os máis pequenos celebraron o remate do curso. 




 Pondo fin ao campamento organizado polo Concello do Rosal, que tivo lugar os meses de xullo e agosto na escola unitaria de Marzán, preto de 30 nenos e nenas desfrutaron hoxe do remate do curso cunha festa, na que non faltou unha merenda a media mañá, a proxección dun video no que se mostran os momentos compartidos durantes estes dous meses, divertíronse cunha piñata, e por último non faltaron uns agasallos para as monitoras como agradecemento polo traballo realizado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario