FESTIVOS LOCAIS NO ROSAL PARA O ANO 2020
O 25 de febreiro (martes do entroido), e o 15 de maio (San Isidro)
Infogauda / O Rosal
O executivo municipal que preside á alcaldesa Ánxela Fernández Callís ven de facer público que no derradeiro pleno ordinario do Concello do Rosal, aprobouse por unanimidade, a proposta do grupo de goberno municipal dos festivos locais para o vindeiro ano 2020, quedando constituidos como festivos locais o 25 de febreiro que é martes do entroido, e o 15 de maio que coincide con San Isidro.
Esta determinación tomouse despois de realizar un estudo de todas as datas posibles e acordouse por unanimidade plenaria a idoneidade das mesmas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario