27 de ago. de 2019

O ROSAL.

OS PLENOS ORDINARIOS DO CONCELLO DO ROSAL CAMBIAN DE DÍA E DE HORA CO NOVO GOBERNO  

Salón de plenos do Concello do Rosal  
Foto: C.O.R
Infogauda / O Rosal 
 O executivo municipal que preside á alcaldesa Ánxela Fernández Callís ven de facer público que os plenos ordinarios no Concello do Rosal que se viñan celebrando desde fai anos os sábados pola mañá cedo, cambian de día e de hora. Celebraranse todos os xoves dos meses impares ás 20:30 horas. 

 O obxectivo do grupo de goberno, segundo expresa a alcaldesa, “é fomentar e facilitar unha maior asistencia e participación de toda a veciñanza que así o desexe”. 

 Esta decisión foi tomada co apoio unánime de toda a corporación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario