IV FESTA CASTREXA
O domingo día 1 de setembro, desde ás 11:00 horas, na Alameda, A Guarda evoca súas raíces castrexas
Unha andaina e visita guiada, feira de artesanía, gastronomía, actuacións musicais,..., constitúen o programa da xornada
Infogauda / A Guarda
O vindeiro domingo día 1 de setembro ás 11:00 horas a Alameda da vila acollerá a cuarta edición da Festa Castrexa, un evento organizado pola Asociación Veciñal das parroquias da Guarda, no que se mistura a gastronomía coa exaltación das raíces castrexas do pobo de A Guarda, contando con moita animación e actividades paralelas ao longo do día.
A Festa Castrexa arrancará con música, obradoiros relacionados coa cultura castrexa, apertura da Feira de Artesanía e saída dunha Andaina de dificultade baixa na que se visitará a Fortaleza de Santa Cruz e diferentes espazos do casco urbano da Guarda como a Igrexa Parroquial ou a Praza do Reló. Nesta andaina visitaranse tamén as exposicións de maquetas de Praxíteles González Martínez e Ramón González González, amosando unha escolma da arquitectura civil e eclesiástica da comarca do Baixo Miño.
A partires das 13:00h realizarase un xantar no que se contará cunha oferta gastronómica na que se inclúen churrasco, polbo, carne ó caldeiro, empanadas, mexillóns, chourizos e sobremesas. Amenizarán o xantar as actuacións en directo dos grupos Do Lusco ó Fusco, Tralo Mosteiro e A Boalleira.
Ás 15:30h terá lugar unha exhibición de talla e escultura con motoserra, así como o inicio dos xogos populares para nenos.
Xa para rematar, ás 18:00h realizarase un concerto Folk.
Ningún comentario:
Publicar un comentario