IV Encontro da Canción Mariñeira
Sábado día 31 de agosto, ás 20:30 horas, no auditorio a ceu aberto San Bieito
Infogauda / A Guarda
Este sábado día 31 de agosto, ás 20:30 horas, no auditorio a ceu aberto San Bieito, celebrarase o IV Encontro da Canción Mariñeira.
Nesta edición o evento contará coa participación dos seguintes grupos:
· Coiro Vello, de A Guarda
· Orfeâo de Vila Praia de Âncora (Caminha)
· Agrupación Coral Polifónica de A Guarda
Os asistentes o IV Encontro da Canción Mariñeira gozarán cun programa baseado na música tradicional galega e portuguesa, e de xeito especial á vencellada á cultura mariñeira das vilas da franxa costeira, transmitidas oralmente polas atadeiras e pescadores. En definitiva, polas mulleres e polos homes do mar.
O evento está organizado pola Agrupación Coral Polifónica de A Guarda en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello da Guarda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario