8 de ago. de 2019

A GUARDA

ÉXITO TOTAL DO FESTIVAL DE MÚSICA ADICADO A JOSÉ LUIS LORENZO RODRÍGUEZ

José Luis Lorenzo Rodríguez - a der. de imaxe - correspondendo os aplausos do respectable público ao remate do Festival Musical que lle foi adicado 
Fotos: Infogauda

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda 

 Tal e como preveíamos, o Festival de Música adicado a José Luis Lorenzo Rodríguez que tivo lugar na noite do mércores día 7 de agosto, foi un éxito total, non soio en afluencia de público - xa que se cubriu o aforo da igrexa parroquial de Santa María de A Guarda -, senón tamén en nivel artístico e posta en escea.

 O evento, organizado pola Asociación Musical Mascarenhas, coa colaboración do Concello de A Guarda e da Deputación de Pontevedra, foi presentado por Loli Portela González, quen informou ao respectable público que "(...) a Asociación Musical Mascarenhas ten a honra de dedicar este concerto a don José Luis Lorenzo Rodríguez pola súa traxectoria musical.

 Gran parte da súa vida dedicouna a música como acordeonista e compositor, sempre centrado no ensino.

 Ao longo deste anos, compuxo un Método de ensino de acordeón en dous volumes editados pola editorial O Cumio.

 No seu arquivo musical atopamos composición como pasodobres, valses, polcas, tangos, xotas, marchas, foliadas, muiñeiras e panxoliñas de Nadal. Algunhas premiadas.

 Desexamos que siga compoñendo durante moitos anos e así seguir gozando da súa música.

 A Asociación Musical Mascarenhas agradece a colaboración de todos os participantes (...)".

 A presentadora informou tamén que todas as pezas que ían ser interpretadas no decurso do Festival Musical foron creadas por José Luis Lorenzo Rodríguez.


 E a continuación comezaría a desenvolverse o programa, tal e como estaba disposto, facendo súa entrada no templo parroquial - que ven paliando a notoria carencia dun auditorio municipal na vila guardesa - o Grupo de Gaitas Amigos da Gándara, interpretando "A Robaleira", sendo recibidos cos aplausos do público. A continuación interpretarían "Muiñeira de O Rosal".


 Despois sería o turno do Grupo de Acordeóns Lembranzas, que interpretou "Os Muiños do Picón" e "O pico do Facho".


 Tres compoñentes do Grupo de Acordeóns Mascarenhas (Fátima Daval Rocha, José Fernández Laxe e Mª del Carmen Pérez González) interpretaron "Foliada de Buxán" e "El Carnaval".


  
 A continuación Ana Portela Lorenzo  - compoñente do Grupo de Acordeóns Mascarenhas - e súas fillas Laura (frauta traveseira) e Paula González Portela (violín), interpretaron "El vals de Paula" e "Atalaia".



 Andrea Silva Alonso e Sandra Pérez González, interpretaron "El vals de Andrea" e "Mis recuerdos".



 Deseguido sería o turno de Susana Chaver Álvarez (acordeón), Claudia Freiría Álvarez (acordeón) e Nieves Álvarez González (frauta traveseira), que interpretaron "El vals de María" - adicado por José Luis Lorenzo Rodríguez a súa neta - e "Aires de primavera".



 Despois chegaría o momento en que os acordeonistas Daniel Vilanova González e Iván Rodríguez González interpretarían "Nostalgias de Brasil" e "Xota de Camposancos", temas cos que Iván despediuse da Orquestra Mascarenhas, debido a que por motivos laborais, vai residir en Barcelona.



 A continuación chegaría o momento da Rondalla Antorcha, que dirixida por Mª José Baz Martínez, interpretaría "Soan campás" e "A festa".




 Asemade, o Coro Cantábile, dirixido por Avelino Ferreira López, interpretou dúas obras, propias do tempo de Nadal: "Noite fermosa" e "Pastores que veñen e van", que en certames de panxoliñas foron galardoadas con senllos primeiros premios na modalidade de voces brancas.


 E finalmente chegaría o turno da Orquestra Mascarenhas (acordeóns e percusión), que dirixida por José Luis Lorenzo Rodríguez interpretaría: "O son do acordeón", "La polca del autobús", "Na punte do pé", "Muiñeira de Santa Trega" e "Pasodoble Guardés".




 Compre salientar que o remate de cada actuación dos respectivos grupos e solistas, José Luis Lorenzo Rodríguez fíxolles entrega persoalmente dun agasallo conmemorativo, como símbolo de agradecemento pola súas respectivas colaboracions.


 Logo dunhas verbas de José Luis Lorenzo Rodríguez, agradecendo a asistencia do público e a participación de todos os grupos, chegaría o momento de poñer broche de ouro a este Festival Musical. Dese xeito, os compoñentes do Coro Cantábile, da Orquestra Mascarenhas e da Rondalla Antorcha, interpretaron conxuntamente "Canto á Guarda" (Himno) - Letra: Chuny Vázquez - Música: José Luis Lorenzo Rodríguez -, cuxo retrouso - "Vixiante, Santa Trega, tesouro guardés" -, a instancia de José Luis Lorenzo Rodríguez foi coreado pola concorrencia.




 Finalmente, en nome do Concello de A Guarda, Mª Elena Baz Rodríguez, concelleira de Festexos, dirixiu unhas verbas a José Luis Lorenzo Rodríguez, expresándolle o agarimo e o aprecio deica súa persoa, e afirmando que con cada un dos temas interpretados pódese facer unha coreografía e que con todos eles pódese bailar. A continuación fíxolle entrega dun agasallo, xesto que foi refrendado por unha salva de aplausos do distinguido público que posto en pé, sumouse incondicionalmente á persoa homenaxeada con este Festival Musical.

 Rematado o Festival Musical, José Luis Lorenzo Rodríguez, recibiu felicitacións de veciños - entre eles o alcalde Antonio Lombaz Baz - e visitantes, que compartiron con el esta gratísima velada duns 110 minutos de duración que foron un auténtivo agasallo para os ouvidos e un bálsamo salutífero para a mente. 

 E sobor de todo, pola satisfacción de disfrutar coa presenza activa, e ao mesmo tempo coa serenidade e a sinxeleza, dun home que por todo canto leva aportado a Cultura da nosa vila, en particular, e de Galicia, en xeral; polos valores inculcados á mocidade coa que ten tratado ao longo da súa andaina como fundador de varias entidades musicais, ademáis como profesor, compositor e director, ten gañado con todo merecemento o título de Fillo Adoptivo de A Guarda. Soio é preciso que na Comisión correspondente, á Corporación Municipal, teña a ben adoitar o acordo de iniciar o expediente de honras e distincións e dese xeito levar a bó termo esa proposta que desde este xornal dixital suxerimos, e como é norma en nós, desexamos que sexa conxunta desde o primeiro momento. É decir, de todos os grupos municipais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario