Festas do Monte Santa Trega, 2019
A Guarda prepárase para celebrar súa semana grande de festexos
Infogauda / A Guarda
Do 5 ao 12 de agosto A Guarda acollerá as Festas do Monte Santa Trega 2019 - declaradas de Interese Turístico de Galicia - unha semana chea de actividades culturais, deportivas, de lecer e por suposto, de verbenas.
A programación de actividades arranca na xornada do sábado 3 de agosto, ás 18:00 horas, co torneo de hockey, no pavillón de Solanas, e as carreiras pedestres populares, que terán a saída na Alameda.
O luns día 5 de agosto, ás 20:00h na Praza do Reló, celébrase o pregón, que será pronunciado por María Nava Castro, Directora Xeral de Turismo da Xunta de Galicia.
Pola noite, na Alameda da vila, verbena coas orquestras América SL e Xacobeo.
Na xornada do martes día 6 de agosto, ás 16:00 h., celebrarase o Torneo de Fútbol Base do Sporting Guardés; e ás 20:00 h., no Auditorio - a ceu aberto - de San Bieito, un festival folclórico, e pola noite verbena coas orquestras Israel e D´Moda.
O mércores día 7 de agosto, ás 17:00 h., desde á Alameda, terá lugar a Marcha Cicloturista Popular; ás 18:30 h., no estadio Municipal A Sangriña, disputarase o Torneo de Fútbol Sénior; ás 21:30 h., na igrexa parroquial, Festival de Acordeons; e ás 23:00 h., nun lugar que oportunamente daráse a coñecer, o XIV Rock in Fervenza. Pola noite verbenas coas orquestras Passarela e Limón.
Na xornada do xoves día 8 de agosto, ás 18:00 h., na Alameda, terá lugar o XIX Campionato Exhibición de Xadrez ao aire libre e pola noite verbena coas orquestras Claxxon e Ibiza.
O venres día 9 de agosto, ás 17:00 h., nas pistas deportivas do Caldeiro - Codesal (Camposancos) disputarase o I Torneo de Petanca e pola noite verbena coas orquestras Galilea e Nazaret.
Como ven sendo habitual, na mañá do sábado, arredor das 12:00 h., desde á Alameda, terá lugar o Desfile Folclórico Tradicional e de Bandas Mariñeiras, un evento que congrega a milleiros de persoas.
Pola noite, na Alameda verbena coas orquestras La Oca Bang e Noche de Estrellas.
O domingo - o Domingo do Monte, como decimos os veciños de A Guara - é a subida ao Monte, na cal ademáis do xantar enxebre, as bandas mariñeiras amenizan "A Troulada", realizan os seus respectivos xuramentos e a tardiña, comeza "A Baixada", e a posterior "Desfeita".
Á noite verbena coas orquestras Ámbar e Azúcar.
O luns 12 de agosto ás 24:00h, no porto da Guarda terá lugar a gran tirada de fogos de lucería, coa que se pon o broche de ouro a toda unha semana de festexos.
Dende o Concello da Guarda pregan a colaboración cidadá para que se respecten as sinalizacións que delimitan os espazos protexidos dun elemento patrimonial tan importante para a nosa vila como o é o Monte Santa Trega, evitando o uso da zona arqueolóxica para o xantar, de xeito que non se produzan agresións que provoquen danos nas estruturas.
PROGRAMA COMPLETO DAS FESTAS DO MONTE SANTA TREGA, 2019
PROGRAMA COMPLETO DAS FESTAS DO MONTE SANTA TREGA, 2019


Ningún comentario:
Publicar un comentario