16 de xuño de 2019

SAÚDE

  Diante da convocatoria de folga do día 19 de xuño do persoal facultativo de Atención Primaria, CIG-Saúde de Vigo quere manifestar o seguinte: 

 O noso máximo respecto pola convocatoria. 

 A nosa coincidencia cos puntos que se inclúen nesa convocatoria. 

 A situación na que se atopa a Atención Primaria da área sanitaria de Vigo precisa que se tomen medidas urxentes. As presentadas na última reunión do Consello Técnico do día 13 de xuño están aínda pendentes de demostrar que son as que a nosa atención primaria precisa. As medidas de presión continúan a ser necesarias para promover o cambio nas políticas sanitarias da Consellería de Sanidade na liña da defensa da dignidade da Atención Primaria. 

 Con este obxectivo e neste contexto de mobilización, CIG-Saúde apoia todas as mobilizacións en Atención Primaria no camiño dunha solución global e para todos os colectivos. 

 CIG-Saúde de Vigo apoia a folga do 19 de xuño e anima ao conxunto de profesionais a participar nas mobilizacións convocadas, por entender que poden contribuír a conseguir unha solución global para toda a Atención Primaria. 

 CIG-Saúde de Vigo comprometese a seguir defendendo unha Atención Primaria digna, para pacientes e profesionais, promovendo, apoiando ou participando nas mobilizacións que sexa preciso convocar e participando nos ámbitos de representación e negociación que nos corresponden como sindicato, coa forza que nos dan as traballadoras e traballadores. 

Manuel González Moreira 
Secretario Comarcal de CIG-Saúde 
(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario