16 de xuño de 2019

OIA

CRISTINA CORREA POMBAL, INVESTIDA ALCALDESA DE OIA  

"(...) Comezamos unha nova lexislatura, unha nova etapa na historia de Oia, que abordamos con ilusión, agradecidos da confianza depositada en nós, confianza a que imos corresponder con absoluta dedicación (...)"

Cristina Correa Pombal e seu equipo de goberno municipal do Concello de Oia

Infogauda / Oia

 Na mañá de onte, día 15 de xuño, ao igoal que na maioría dos concellos de todo o país, tomaron posesión dos seus cárregos os novos concelleiros e foron investidos os novos alcaldes. En moitos casos, logo de intensas negociacions previas, ao non acadar moitas candidaturas a ansiada maioría absoluta que lles permitira gobernar sen ningún tipo de pactos.   

 No Concello de Oia, grazas a maioría absoluta que nas eleccions municipais do pasado 26 de maio, logrou a candidatura do Partido Popular encabezada por Cristina Correa Pombal, non quedou lugar a dúbidas de quen ía ser a nova rexedora municipal e seu equipo de goberno para os vindeiros catro anos.

 Previamente a súa investidura como alcaldesa do Concello de Oia, Cristina Correa Pombal dixo: "Quero dar as gracias aos veciños e veciñas, familiares, que hoxe nos acompañades neste acto tan importante, como é a constitución da nova Corporación para os vindeiros 4 anos. 

 Quero agradecer especialmente aos veciños e veciñas que o pasado 26 de maio nos brindaron maioritariamente o seu apoio, e fixeron posible que dende o día despois das eleccións, en Oia se esté falando de estabilidade, de responsabilidade, de proxectos, de futuro, das preocupacións da veciñanza, que é o que verdadeiramente nos importa.  

 Comezamos unha nova lexislatura, unha nova etapa na historia de Oia, que abordamos con ilusión, agradecidos da confianza depositada en nós, confianza a que imos corresponder con absoluta dedicación.  

 Quero aproveitar tamén para darlle a benvida aos novos concelleiros; e trasladarlle os meus mellores desexos ás familias dos concelleiros que formaron parte da anterior Corporación e que agora non continúan, especialmente as persoas que formaron parte do meu equipo e que actuaron sempre con lealdade incondicional: Eugenio Portela e Javier Calvo

 Moitas grazas".

Ningún comentario:

Publicar un comentario