A Xunta de Galicia remata a senda peonil en San Miguel de Tabagón, no Rosal, co fin de mellorar a mobilidade dos veciños da contorna
Esta actuación contou cun investimento autonómico de máis de 48.000 euros
O itinerario de 430 metros desenvólvese no vial que cruza sobre a vía de altas prestacións Tui-A Guarda, dende a subida ao Niño do Corvo ata a estrada de Morán
A senda dá continuidade á proxectada pola Deputación de Pontevedra, conectando os núcleos de San Miguel de Tabagón e Valdemiñotos
O itinerario conta cunha lonxitude de 430 metros e desenvólvese no vial que cruza sobre a vía de altas prestacións Tui-A Guarda
Fotos: X.G.
Infogauda / O Rosal
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de rematar as obras de construción dunha senda peonil en San Miguel de Tabagón, no Concello do Rosal.
O itinerario, cun investimento autonómico de máis de 48.000 euros, conta cunha lonxitude de 430 metros e desenvólvese no vial que cruza sobre a vía de altas prestacións Tui-A Guarda, dende a subida ao Niño do Corvo ata a estrada de Morán.
Esta senda dá continuidade á proxectada pola Deputación de Pontevedra na estrada provincial EP-3302 ata a vía que vai a Morán, conectando así os núcleos de San Miguel de Tabagón e Valdemiñotos.
Esta actuación acometeuse con formigón coloreado, salvo no tramo correspondente ao paso superior sobre o CG-4.2, no que se estendeu un microaglomerado.
Tamén se colocou un colector para a recollida das augas de drenaxe e unha canalización para a preinstalación de alumeado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario