17 de xuño de 2019

A GUARDA

A ASEMBLEA COMARCAL DE CRUZ VERMELLA BAIXO MIÑO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA AS ACTIVIDADES DE VERÁN 

Continuaremos na liña dos últimos anos, desenvolvendo actividades en diferentes puntos da comarca A Guarda e Vilachán  

   
Cruz Vermella Española / A Guarda

 Cruz Vermella Española informa que desde a súa Asemblea Comarcal Baixo Miño poñerá en marcha o próximo 2 de xullo as súas actividades de verán en diferentes zonas da comarca, concretamente en Vilachán e A Guarda. O prazo de inscrición comeza o día 17 de xuño.     

 As  ludovermellas desenvolveranse en:

 - Parque de O  Montiño, na Guarda. 
- Local da Asociación de veciños O Árbore, e no parque próximo de Vilachán.   

 Todas elas en horario de 11:00 a 13:00. As actividades están dirixidas a  nenas/os con idades comprendidas entre os 6 e 12 anos. A finalidade destes talleres é facer chegar aos nenos/as  valores como solidariedade, tolerancia, cooperación, empatía, compañeirismo, respecto… ademais de fomentar a interrelación entre nenos de distinto grupo de idade.         

 Os obxectivos que se pretenden conseguir son basicamente os seguintes: 

- Promover a adquisición de novos hábitos lúdicos e educativos. 
- Fomentar a participación. 
- Promover a adquisición de valores e condutas positivas respecto a a vida grupal e á convivencia. 
- Reforzar e favorecer a creación de redes interpersoais…  

 Estes talleres, son de carácter gratuíto.  

 Para máis información, reserva ou inscrición deberán dirixirse a:

 Asemblea Comarcal Baixo Miño
Rúa Agustín  Nandín Lomba, nº 1 baixo 
36780 A Guarda
Teléfono: 986 614 609

Ningún comentario:

Publicar un comentario