O concerto de Caramelo Krew, na Cruzada, abríu o Música nas Prazas 2019
Caramelo Krew actuou o venres na Cruzada
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
O pasado venres día 14 de xuño arrancou o Música nas Prazas 2019, cuarto edición desta actividade promovida dende a concellería de Cultura do Concello da Guarda e que este ano conta con 3 concertos nas Prazas de San Caetano, Avelino Vicente (onde está a réplica do As de Copas) e Os Seixiños (A Gándara).
Os encargados de abrir a programación de Música nas Prazas foi Caramelo Krew, un grupo guardés de rap, formado por Hugx (Hugo Aldea) e Holden (Jose Mauri), que encheron de música a Praza de San Queitano.
A vindeira cita será o 16 de agosto ás 22:00h na Praza de Avelino Vicente - entre as rúas Concepción Arenal, A Coruña e Alcalde Manuel Álvarez Vicente - coa actuación do grupo Blues do Pais.
E para rematar o 13 de setembro ás 22:00h na Praza dos Seixiños coa actuación de Helen & Shana.
Na súa edición de 2018, a programación de Música nas Prazas acadou un notable éxito de afluencia de público, fomentando a música en diferentes espazos do municipio, tentando dar visibilidade e dinamismo a todos eles por igual, levando a cultura musical a todas as parroquias da vila.
Ao longo dos tres anos de Música nas Prazas foron moitas as formacións musicais do panorama local e galego que teñen pasado polas prazas da vila guardesa, entre elas, De Vacas, Sonus de Gaya, Indomables, Argonat Band, Mbolo Mooye Doolé, Carmen Johns, entre outros.
O Música nas Prazas 2019 conta co apoio de Pontegal da Deputación de Pontevedra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario