11 de xuño de 2019

A GUARDA

CULTURA

O ESCRITOR FRANCISCO ÁLVAREZ ÁLVAREZ "KOKI" NA 78ª FERIA DEL LIBRO DE MADRID

Asinará exemplares do seu recente poemario "El libro de Lourenzo" e outros títulos da súa obra



Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Un ano máis, o activista cultural, dramaturgo, escritor, poeta e xornalista Francisco Álvarez Álvarez "Koki" (A Estivada - Salcidos, 1957), participará na Feria del Libro de Madrid, que este ano acada súa 78ª edición. O literato guardés estará o vindeiro mércores día 12 de xuño, do 20:00 a 21:30 horas, na caseta nº 260, correspondente ao Grupo Sial Pigmalión. 

 Francisco Álvarez "Koki" asinará exemplares do seu poemario "El libro de Lourenzo" - cuxa primeira edición é de agosto de 2018 - así como outros títulos da súa autoría, entre eles Erótica...(dos) - Antología de amor (1980-2017) ou Sombra de Luna, editados polo Grupo Sial Pigmalión.

  Álvarez "Koki", que comezou oficialmente súa andaina poética en 1980 cando publicou "Lexanías", súa ópera prima, íntegramente na língua materna, posúe unha ampla bibliografía tanto en galego como en castelán, na que dánse a mán, a lírica, a narrativa e a literatura infantil.

  Maruxía, Alén da fronteira, Máis aló de Fisterre, Sombra de luna, Entre tu cuerpo y mi cuerpo, Para abril y amantes,..., son, entre outros, a proba fidedigna da vocación poética de Álvarez "Koki", un autor que poderíamos cualificar de letraferido, na traducción ao galego do vocablo catalán lletraferit, e que ten desenvolvido maioritariamente seu labor creativo na emigración en New York - onde para difundir a cultura galega fundou o colectivo Celso Emilio Ferreiro -, sen esquecer, en ningún caso súa orixe proletaria galega e seu compromiso co país.

   Entre súas publicacions máis recentes compre salientar El libro de Lourenzo, Vasoiras Barreiro e A memoria das palabras, así como a reedición de Un neno na emigración.

 O poeta salcidense ten participado tamén en varias publicacions colectivas como Seis narradores españoles en Nueva York, Piel palabra,..., ademáis de coordinar o libro Al final del siglo, 20 poetas. Asemade está incluído nas antoloxías Miradas de Nueva York, Entre dos aguas e Geometría y angustia de Julio Neira.
  
 Francisco Álvarez "Koki" tamén coordinou á obra Na sombra do Trega, na cal participaron varios autores que trataron temas tan heteroxénos como todos eles moi interesantes para o acervo cultural de A Guarda.

  Recentemente coordinou Luna y panorama sobre los rascacielos. Poetas españoles en Nueva York, editado en marzo de 2019, polo Consulado General de España en New York.

Ningún comentario:

Publicar un comentario