9 de maio de 2019

O ROSAL

O BNG do Rosal celebrará este sábado o acto central para ás eleccións locais  

·  Terá lugar nos Baixos do Concello ás 21:30 horas 

· Contarán co apoio do deputado provincial e concelleiro de Tomiño, Uxío Benítez  


 Infogauda / O Rosal

 O BNG do Rosal celebrará este sábado día 11 de maio, ás 21:30 horas, nos Baixos do Concello, o acto central da campaña ás eleccións locais. Será nun acto público no que ampliarán o aforo respecto ao acto de presentación. Os nacionalistas locais contarán co apoio do deputado provincial Uxío Benítez Fernández.   

 A candidata nacionalista, Ánxela Fernández Callís, asegurou que dará conta das propostas máis salientables e importantes do programa de goberno co que se presentan.   

 Dende a formación nacionalista manifestan que estas propostas son froito do traballo desenvolvido, das reunións mantidas coa veciñanza, asociacións, comunidades e axentes sociais co fin de escoitar as súas preocupacións e propostas, dando lugar a un proxecto baseado nas necesidades reais das persoas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario