9 de maio de 2019

O PORRIÑO

Alfonso Rueda: “Alejandro  Lorenzo é o alcalde que necesita O Porriño para recuperar a ilusión e o tempo perdido estes catro anos”   

• O presidente provincial destaca que os populares “saen a gañar co mellor equipo” para que a localidade volva ao lugar que merece da man dun goberno estable, preparado e con proxecto.  

• O candidato á Alcaldía presenta a lista de 27 nomes coa que concorrerá ás eleccións municipais do vindeiro día 26. “Temos capacidade e temos ilusión por cambiar as cousas”, suliñou.  
O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda na presentación da lista coa que Alejandro Lorenzo Alonso concorrerá ás eleccións do 26 de maio como candidato á Alcaldía

 Infogauda / O Porriño

 O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, afirmou hoxe que Alejandro Lorenzo Alonso é o alcalde que necesita O Porriño “para recuperar a ilusión e o tempo perdido estes catro anos” e ir así cara un goberno serio que devolva á localidade, “unha referencia dentro da provincia”, ao lugar que merece.  

 Durante a súa participación na presentación da lista coa que Alejandro Lorenzo concorrerá ás eleccións do 26 de maio como candidato á Alcaldía, Rueda chamou a unir ás forzas en torno ao PP como “única alternativa de goberno en O Porriño”, onde os populares se presentan “co mellor equipo”, cun programa ambicioso e coa consigna de gañar ás eleccións para ofrecer un mandato estable e capaz de sacar adiante os proxectos de futuro necesarios.  

 O presidente provincial suliñou a honestidade, o carácter, a determinación e a ilusión por mellorar a vida dos seus veciños do candidato, ao que definiu como unha persoa dialogante, moi cercana e das que sabe da importancia de ter boa interlocución co resto das administracións para conseguir acordos beneficiosos para todos.   

 Todo elo, da man dun partido como o PP “que ten experiencia, que sabe o que fai, que está unido e que ten moitas gañas de traballar”. Nesta liña confiou en que os populares obteñan un gran resultado o 26 de maio en todos os concellos galegos.  “En todos eles saímos a gañar e coa aspiración de gobernar”, finalizou.  

 Pola súa banda, Alejandro Lorenzo comprometeu a máxima implicación, servizo á veciñanza e traballo en equipo “para debuxar o Porriño que queremos para os vindeiros anos”.   

 “Temos o proxecto, temos a capacidade e temos  a ilusión", suliñou.   

 Tras catro anos de oscurantismo, de parálise municipal, co Concello sumido nun pozo de débedas e mala imaxe, chegou o momento de reconstruir o Porriño. Chegou o momento de cambiar as cousas porque a veciñanza o merece. Merece respecto e merece ser escoitada”, dixo Alejandro Lorenzo durante a súa intervemnción. Nunca deixarei de esforzarme polo meu único interese: O Porriño", concluíu. 

CANDIDATURA DO PP DE O PORRIÑO ÁS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DO 26 DE MAIO



1.         Manuel Alejandro Lorenzo Alonso

2.                Abel Estévez Carrera

3.                Carolina González Costas

4.                Ramón Porto Oya

5.                Antía Rosa Carrera Couselo

6.                José Carlos González Fernández

7.                Bienvenido Estévez Maceira
8.                Ana María Martínez Paradela
9.                Ascensión Rosario Costas Táboas
10.          Marcos Martínez Campos
11.          José Manuel Estévez Trillo
12.          Antonio Barros Serodio
13.          Rosa Isabel Alonso Romero
14.          Ricardo Losada Varela
15.          Soraya Pérez Rodríguez
16.          Miguel Ángel Martínez Martínez
17.          Aida Oya Lorenzo

18.          Anxo Pazo Sequeiros
19.          Matilde Campos Rodríguez
20.          André Vázquez Riveiro
21.          Barbara María Troncoso Rodríguez
22.          Sergio Bugarín Morais
23.          Sergio Iglesias Romero
24.          Jorge Maximiliano Rodríguez Castellani
25.          María Josefa Calvar Miniño
26.          Pedro Besada Alfaro
27.          María José Iglesias Vázquez
 

Nota da Redacción de Infogauda: Esta información foi publicada o día 9 de maio e actualizada o día 10 de maio, ás 12:59 h.

Ningún comentario:

Publicar un comentario