Os socialistas de O Rosal presentan a súa candidatura ás Eleccións Municipais
Este mércores ás 21:00 horas, no Salón Multiusos do Centro Social Polivalente do Rosal
Infogauda / O Rosal
Os Socialistas de O Rosal presentan este mércores ás 21:00 horas, no Salón Multiusos do Centro Social Polivalente do Rosal, a súa candidatura ás Eleccións Municipais, que terá lugar.
Neste evento, que será presentado por Rosa Maceiras, candidata nº 2, intervirán José Manuel Domínguez Freitas, ex alcalde de A Guarda; Modesto Pose, senador electo polo PSdeG-PSOE e o candidato á Alcaldía polo PSdG-PSOE, José Carlos Martínez Crespo.
O próximo 26 de maio estamos chamados as urnas para definir a composición da futura Corporación Municipal do Rosal. A candidatura do Partido Socialista Local, liderada por José Carlos Martínez Crespo, "é - segundo afirman Os Socialistas de O Rosal - unha aposta rupturista cas vellas tendencias e renovada".
En
palabras de José Carlos Martínez Crespo “o proxecto progresista que
lidero está comprometido cun Rosal plural, como a nosa veciñanza,
igualitario dende a diversidade, inclusivo, pensado a partir dun modelo
de convivencia que soubemos construír e que non podemos deixar que se
perda.”
A composición da canditatura do PSdeG-PSOE, ao Concello do Rosal, é a seguinte:
1.
JOSE CARLOS MARTÍNEZ CRESPO
2.
JUANA ROSA MACEIRAS RIOMAO
3.
MIGUEL ANGEL RODRÍGUEZ VELASCO
4.
BEGOÑA DOMÍNGUEZ CERQUEIRA
5.
LUIS GIRÁLDEZ GIRÁLDEZ
6.
MARIA CONCEPCIÓN ALONSO RODRÍGUEZ
7.
JOSE MANUEL GÓMEZ CAMPOS
8.
MILAGROS LORES TORRES
9.
MATÍAS MARTÍNEZ MARTÍNEZ
10.
SILVIA RODRÍGUEZ DURÁN
11.
JOSE LUIS GÓMEZ TRIGO
12.
CARMEN MARÍA RODRÍGUEZ LAGOS
13.
JULIO VICENTE GONZÁLEZ

Ningún comentario:
Publicar un comentario