14 de maio de 2019

LABORAL

CIG-Industria convoca unha concentración diante de Faurecia- Asientos de Galicia 


Infogauda / Vigo

 A CIG-Industria convoca para mañá mércores, día 15 de maio, entre as 10:30 e as 12:00 horas, unha concentración diante de Faurecia-Asientos de Galicia (Polígono de Valadares, rúa 3, Vigo) para denunciar a precarización das condicións laborais, os recortes salariais aplicados ao persoal e rexeitar os despedimentos que pretende executar a dirección da multinacional.

Ningún comentario:

Publicar un comentario