21 de maio de 2019

A GUARDA

XUVENTUDE

Os xóvenes tamén contribúen o embelecendo da vila con murais e pinturas 

O vindeiro venres, no interior do Conservatorio Municipal de Música, comezará a desenvolverse un novo proxecto artístico


Tamara Baz, ilustradora de A Guarda, traballando no seu estudo
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 A partir do vindeiro venres, día 24 de maio, levarase a cabo un mural no interior do Conservatorio Municipal de Música da vila.   

  Esta iniciativa, que parte da Concellería de Xuventude, ven a continuar aos diferentes murais que xa se fixeron en diferentes espazos públicos de A Guarda, como a praia de Fedorento, o Auditorio de San Bieito, as escaleiras do Campo de Fínola, a fonte de Santa Catalina, entre outros.  

 Dende o Concello de A Guarda faise un chamamento a todas aquelas persoas que desexen participar, realizando un convite público aos interesados, para contribuir ao embelecemento da nosa vila no pintado de espazos municipais.  

 Para esta ocasión contarase coa axuda da ilustradora Tamara Baz, de A Guarda, unha das persoas que se interesaron neste chamamento e desenvolveu unha idea concreta de mural para realizar neste espazo municipal.   

 As persoas que desexen participar dende este venres no pintado deste novo mural no Conservatorio Municipal de Música e colaborar con Tamara Baz, poden poñerse en contacto coa OMIX da Guarda non 986 610 000 ou a través do enderezo electrónico informacion@aguarda.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario