11 de maio de 2026

A GUARDA

O alcalde da Guarda visita ás novas xerentes de Herrajes Martínez S.L.


De esq. á der.: Manuel Martínez Peniza, Leticia Martínez Pérez, Roberto José Álvarez Carrero, Mónica Martínez Pérez e Luis Martínez Peniza
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O alcalde da Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, continúa coa campaña de promoción dos novos establecementos e xerencias na Guarda mediante visitas e difusión das súas actividades, dando o seu apoio.  Hai uns días visitou as instalacións da empresa Herrajes Martínez S.L., cuxa nova xerencia está en mans de Mónica e Leticia Martínez Pérez.  

 Dedícanse á fabricación e comercialización de ferraxes para carpintería metálica, aluminio, ferro e inoxidable. Son un dos principais maioristas en España, realizando tamén vendas ao veciño Portugal.  

 Os irmáns Manuel e Luis Martínez Peniza, fundaron en 1980 a empresa Materiales do Lago, S.L.. E tras 45 anos de actividade continuada, delegan na seguinte xeración o negocio familiar -  que pasa a denominarse Herrajes Martínez S.L. - co orgullo que continúen para o seu crecemento e modernización.  

 Mónica e Leticia creceron nesta fábrica e están moi orgullosas de herdala e poñer todos os seus coñecementos para o futuro da súa empresa.  

 O alcalde felicitounas por ser “un exemplo de negocio familiar chega á seguinte xeración con novas ideas, demostrando o respecto polo que se herda na busca da súa mellora”.  

 Moita sorte a Herrajes Martínez S.L. na súa nova etapa!

Ningún comentario:

Publicar un comentario