21 de maio de 2019

A GUARDA

FORMACIÓN

Preparación das probas para o Graduado en ESO:  Convocatoria de setembro 

O inicio das clases está marcado para o vindeiro mes de xuño de 2019



 Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda abre o prazo de inscrición para un curso de formación de persoas adultas co obxectivo de preparar aos alumnos e alumnas para a obtención do Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou ESO.  

 O inicio das clases está marcado para o vindeiro mes de xuño de 2019. 

 As persoas interesadas poden ampliar información e inscribirse na OMIX da Guarda ou na Oficina de Desenvolvemento Local, nos enderezos electrónicos informacion@aguarda.es e emprego@aguarda.es ou nos teléfonos 676 347 890 e 689 605 127.

Ningún comentario:

Publicar un comentario