3 de abr. de 2019

GOIÁN

CINEMA

L´AMANT D´UN JOUR, CINE FRANCÉS  NO CINECLUB POLEIRO

O xoves 4 de abril, ás 21:30 horas, no auditorio de Goián



 Rita Alonso Pérez / Goián
 
 O xoves 4 de abril, ás 21:30 horas, no auditorio de Goián o Cineclub Poleiro proxecta L´amant d´un jour (Amante por un día), un filme de Philippe Garrel.  

 SIPNOSE

 Unha producción francesa que conta a historia dunha muller de 23 anos que volta a vivir co seu pai despois dunha ruptura e descubre que ten él una relación cunha moza da súa idade.   

 Podería encuadrarse como traxicomedia romántica. Unha fábula emocional dun director que destaca pola súa sensibilidade.  

 Os críticos destacan a sensibilidade para tratar as emocións, os ciumes, a utilización do branco e negro para mostrar os sentimentos máis escuros das personaxes.  

 O xoves 9 de maio pecha o ciclo Western, unha fita de Valeska Grisebach. Unha producción alemana sobre a inmigración. Conta a historia dunha cuadrilla de obreiros alemans que constrúen unha presa nun pobo búlgaro. As súas malas maneiras non son ben vistas polos veciños e xurde o conflicto.   

 O cineclub Poleiro conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes de Galicia

Ningún comentario:

Publicar un comentario