ANTONIO LOMBA BAZ PRESÉNTASE ESTE VENRES ANTE A VECIÑANZA PARA REVALIDAR A ALCALDÍA
• O actual alcalde da Guarda protagonizará un acto no que contará coa presencia de David Regades, secretario xeral provincial
• A cita terá lugar este venres, 12 de abril, ás 20:30h no salón de actos do Centro Cultural da vila
Antonio Lomba Baz novamente candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de A Guarda
Infogauda / A Guarda
O socialista Antonio Lomba Baz presentarase este venres ante a veciñanza guardesa coa vista posta en revalidar a alcaldía o próximo 26 de maio. Será nun acto no que estará acompañado do secretario xeral provincial, David Regades Fernández, así como de Montserrat Magallanes Álvarez, máxima dirixente da agrupación municipal e deputada provincial, e Bárbara Domínguez González, secretaria de política municipal de XSG. A cita terá lugar no Salón de Actos do Centro Cultural da vila, ás oito e media da tarde.
Lomba, concelleiro desde 2003, ocupou desde que chegaron os socialistas ao goberno en 2007 as áreas de Cultura e Novas Tecnoloxías, para suceder no 2015 a José Manuel Domínguez Freitas como candidato socialista, acadando a alcaldía.
O actual alcalde preséntase coa vontade de seguir construíndo unha vila “para todas e todos” e anima á veciñanza a achegarse ao acto e escoitar as propostas socialista de cara ao seguinte mandato.
O actual alcalde preséntase coa vontade de seguir construíndo unha vila “para todas e todos” e anima á veciñanza a achegarse ao acto e escoitar as propostas socialista de cara ao seguinte mandato.
Ningún comentario:
Publicar un comentario