10 de abr. de 2019

DEPORTES

TRIATLÓN

O TRIPENTA TERRAS DE LUGO ACADOU A VICTORIA POR EQUIPOS NO VI TRIATLÓN HALF SEVILLA

A seguinte competición para o guardés Roberto Martínez Trigo, será a participación no Mundial de Triatlón de Longa Distancia, Multisports de Pontevedra o vindeiro 4 de maio


 Equipo Tripenta Terras de Lugo
Fotos: T.T.L

 Infogauda / Sevilla

 Logo dunha gran actuación o pasado sábado día 6 de abril, o equipo Tripenta Terras de Lugo acadou a victoria por equipos no Triatlón VI Nutrisport Half Sevilla, inicio da Copa de España Elite de Media e Larga distancia. 

 O equipo formado por Cristóbal Dios, Sergio Bolado, Rubén Tuset e Roberto Martínez (3º, 5º, 17º, 23º), collen o liderato dunha competición que terá sedes na Rioja, Guadalajara, Mequinenza, Salamanca e como gran final o 27 de Outubro na illa de Ibiza, e nas que a plantilla reforzarase con nomes importantes como Gustavo Rodríguez. 


Roberto Martínez Trigo, de A Guarda, en plena carreira ciclista, no Triatlón VI Nutrisport Half Sevilla

 O Half Sevilla volveuse nesta ocasión como un dos días para recordar dentro do triatlón nacional polas condicións climatolóxicas adversas, “o granizo durante a bicicleta caía como agullas punzantes en pernas e brazos… non en tanto estamos moi contentos cos resultados finais”, e notouse que este ano o nivel da competición subiu considerablemente, estaban prácticamente todos os mellores da distancia. 

 Tras este bo inicio de tempada, a seguinte competición para o guardés Roberto Martínez Trigo, será a participación no Mundial de Triatlón de Longa Distancia, Multisports de Pontevedra o vindeiro 4 de maio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario