EDUCACIÓN
Curso sobre uso seguro de internet e TIC para educadores e adultos
Abertas as inscricións ata o 16 de abril
Infogauda / A Guarda
A Concellería de Educación do Concello de A Guarda abre o prazo de inscricións para un curso sobre o uso seguro de internet e TIC enfocado especialmente a educadores e adultos.
O curso, cunha duración total de 6 horas repartidas ao longo das xornadas do luns 22, mércores 24 e venres 26 de abril, impartirase en horario de 20:00 a 22:00 horas, na Aula Cemit no primeiro andar do Centro Cultural da vila.
Neste curso as nais, pais e educadores, aprenderán cómo é o funcionamento básico de internet, para que coñezan de primeira man o uso que poden facer os alumnos e fillos e poder promover un uso seguro das novas tecnoloxías.
As inscricións están xa abertas a través da Concellería de Cultura e no enderezo electrónico cultura@aguarda.es ata o 15 de abril.
Ningún comentario:
Publicar un comentario