ARDÁN REALIZARÁ UN ESTUDO ESPECÍFICO DO SECTOR AGRARIO DO BAIXO MIÑO
AS ALCALDESAS DE TOMIÑO E O ROSAL, E O ALCALDE DA GUARDA, ESTUDAN CON REGADES A MELLOR VÍA PARA FORTALECER ESTA ACTIVIDADE ECONÓMICA
De esq. a der.: María del Carmen Alonso Alonso, Sandra González Álvarez, David Regades Fernández e Antonio Lomba Baz, na sede da Zona Franca de Vigo
Foto: ZFV
Foto: ZFV
Infogauda / O Baixo Miño
Nunha reunión mantida recentemente coas alcaldesas do Rosal e de Tomiño e o alcalde da Guarda, co delegado de Zona Franca de Vigo, David Regades Fernández comprometeuse a colaborar co sector agrícola do Baixo Miño xa que, segundo afirmou “temos que considerar a este sector primario como un sector empresarial de gran importancia para Galicia pola súa gran capacidade de xerar negocio e, o que é máis importante, pola súa capacidade de fixar poboación e coidar do territorio”
Os responsables dos tres concellos expuxeron as fortalezas dun sector que no Baixo Miño estase especializado en catro produtos: planta ornamental, flor, froita e viño. Como expuxo durante a sesión de traballo a alcaldesa Sandra González Álvarez, a planta ornamental ten no concello de Tomiño 120 hectáreas de produción nas que se emprega a 300 persoas cunha forte presenza de man de obra de mulleres alcanzando os 20 millóns de euros anuais de facturación. O Viño é outro importante recurso económico que manexa unhas 600 hectárea nas que traballan 250 persoas alcanzando unha facturación anual de 26 millóns de euros.
Noutras magnitudes manéxanse a Flor e a Froita con explotacións que non están moi capitalizadas e que necesitan tecnoloxía que lles permita incrementar a súa competitividade. Ao cultivo de Flor destínanse 25 hectárea que facturan 2 millóns de euros e empregan a 25 persoas. Pola súa banda, a Froita, ten 350 hectáreas de superficie dedicada a estes produtos pero a súa facturación apenas alcanza os 5 millóns anuais e a súa xeración de emprego é de 50 persoas.
Para o fortalecemento do sector Regades propuxo aos máximos responsables dos tres concellos a elaboración dun estudo económico por parte do servizo ARDÁN en base ao que se poidan detectar fortalezas e debilidades para establecer políticas adecuadas para aumentar a rendibilidade económica e competitividade dun sector estratéxico para a comarca. María del Carmen Alonso Alonso, alcaldesa do Rosal, agradeceu esta implicación de Zona Franca xa que “o sector agro do Baixo Miño conta cunha gran capacidade de desenvolvemento dado o benigno do seu clima e a fertilidade da súa terra”
Antonio Lomba Baz, alcalde da Guarda, precisou que este estudo pode achegar un coñecemento máis científico dun sector da actividade económica deste concello, o máis meridional da provincia de Pontevedra, que combina a explotación da terra, coa pesca e o turismo e que debe por tanto coñecer en profundidade as potencialidades de cada un destes vectores económicos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario