4 de mar. de 2019

LABORAL

A fenda salarial das traballadoras galegas supera o 21%, mentres a das pensionistas o 36%, 15 puntos máis  

A CIG presenta o informe “Situación sociolaboral das Mulleres en Galiza (ano 2018)”   

 Infogauda / Galiza

 A secretaría das Mulleres da CIG vén de presentar un informe sobre a “Situación sociolaboral das Mulleres en Galiza (2018)”. Trátase dun estudo elaborado polo Gabinete de Economía da central sindical no que se evidencia que persiste unha fenda salarial do 21,5% e que esta se afonda no caso das pensionistas, alcanzando o 36,6%, 15 puntos máis. Unha situación provocada polas máis baixas bases de cotización das mulleres ao longo da súa vida laboral, mais tamén por mor do menor tempo cotizado. De feito, as mulleres de menos de 25 anos acumulan xa 2 meses menos cotizados que os homes da mesma idade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario